Amosando publicacións coa etiqueta EXPERTOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERTOS. Amosar todas as publicacións

sábado, 12 de abril de 2025

XIV XORNADAS DE EXPERTOS " O RESÍO A ESCENA".

 Se queres gozar de tódalas conferencias, aquí tedes a presentación. Foron unhas xornadas marabillosas. Xa estamos desexando que cheguen as vindeiras!

 

venres, 11 de abril de 2025

XORNADA FINAL, CLAUSURA DAS XIV XORNADAS DE EXPERTOS. EXPERTOS NO TEATRO

 

Hoxe remataron as xornadas de expertos cunha gran conferencia sobre o Teatro.

Vivimos dúas semanas intensas e cheas de emocións e aprendizaxes.

Parabéns!

luns, 7 de abril de 2025

SÉTIMA XORNADA, EXPERTOS NO MIMO, 1º EP

 

Canta emoción transmitiron hoxe os alumnos e alumnas do primeiro curso de primaria na súa ponencia. A expresión corporal é un gran vehículo de comunicación.

venres, 4 de abril de 2025

SEXTA XORNADA DE EXPERTOS: A DANZA


 Gran conferencia a impartida hoxe polo alumnado do cuarto curso de primaria, unha gran representación escénica para rematar a primeira semana de Expertos.

xoves, 3 de abril de 2025

mércores, 2 de abril de 2025

luns, 31 de marzo de 2025

SEGUNDA XORNADA, EXPERTOS NO CIRCO, 5º EI

 Marabillosa a conferencia de expertos da rapazada do quinto curso de Educación Infantil. 

Quen dixo medo escénico? Uns grandes conferenciantes e uns grandes artistas.


 PARABÉNS!

xoves, 27 de marzo de 2025

XORNADA INAUGURAL, EXPERTOS NA ÓPERA, 2 EP

 Hoxe deron comezo as XORNADAS DE EXPERTOS na escola, onde cada curso imparte unha conferencia, conta o seu PROXECTO de traballo sobre
 
O RESÍO A ESCENA

 Os nenos e nenas do segundo curso de primaria foron os encargados de inaugurar estas xornadas tan especiais na nosa escola. Xa levamos 14 anos desenvolvéndoas. Podemos asegurar que esta é unha EXPERIENCIA ÚNICA na que a rapazada expresa as súas ideas en público, superan  emocións como a vergoña e o medo escénico... traballan competencias e adquiren aprendizaxes funcionais que lles servirán para toda a súa vida!!
 
Esta primeira conferencia é a de EXPERTOS NA ÓPERA. 
Gozade co video e imaxinade todas as emocións vividas nese momento!

Parabéns polo voso traballo!

mércores, 26 de marzo de 2025

XIV XORNADAS DE EXPERTOS

 



Xa temos o cartaz das XIV XORNADAS DE EXPERTOS " O Resío a escena". O vindeiro xoves día 27 de marzo, darán comezo, que mellor día que o DÍA DO TEATRO.

 Esperamos que gocedes destas xornadas tanto como os rapaces preparandoas cos seus mestres.

venres, 26 de abril de 2024

RESUMO DAS XIII XORNADAS DE EXPERTOS "UN PLANETA CHEO DE VIDA"

 Na seguinte presentación tedes acceso ás distintas conferencias de expertos levadas a cabo polos distintos cursos ao longo do presente mes de abril.

Esta actividade enfronta ao alumnado a un dos retos máis importantes da  educación: unha necesaria autonomía que permite á persoa actuar dun xeito consciente e transformador da realidade, adquirir coñecementos,  formar  conceptos e desenvolver habilidades tendo o papel de protagonista no proceso de construción do seu propio coñecemento. Ademais, debe ter como principio básico o respecto á diversidade, co fin de promover, potenciar, espertar ilusión e motivación para a aprendizaxe.

Cada curso evidencia máis o traballo levado a cabo nas aulas e permite demostrar o nivel de competencia lingüística do noso alumnado.

Unha actividade na que todolos participantes melloran os niveis competenciais. 

 

CONFERENCIA EXPERTOS NAS FRAGAS E NOS BOSQUES, QUINTO DE PRIMARIA. XORNADA DE CLAUSURA.

 Benqueridas familias, a XIII edición de Expertos, chega ao seu fin hoxe, coa última conferencia sobre as fragas e os montes. Esparamos que gozarades tanto coma nós destas xornadas.

 



Vémonos no vindiro curso escolar nas seguintes.