Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECAO PROXECTO DE PICOLINDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECAO PROXECTO DE PICOLINDO. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de marzo de 2026

OBRADOIRO CREATIVO: FACEMOS CAMPÁS DE CERÁMICA DA MAN DE PAULA OJEA

O alumnado de 2° gozou o pasado mércores dunha xornada de artesanía na cerámica da man da Paula Ojea, nai de Roi e Estela. 

 No Resío, temos a sosrte de contar con esta nai que é un exemplo de inspiración.

 

Ela é una referente do traballo artesanal, unha muller que se abriu camiño nun ámbito tradicionalmente masculinizado como é a enxeñería, ao tempo que soubo reinventarse no mundo da cerámica. A súa figura pon en valor o papel das mulleres en profesións diverssas, demostrando que é posible combinar coñecemento técnico e creatividade.

 Paula conta cun fermoso obradoiro en Bouzas, onde desenvolve un proxecto persoal centrado na cerámica contemporánea. Aquí é onde eseña e elabora pezas únicas nas que se percibe a influencia da súa formación científica, convertendo o seu traballo nun exemplo de innovación e identidade propia. 


 


Moitísimas grazas, Paula, por achegarnos unha vez máis á modelaxe. En breve ensinarémosvos o fabuloso resultado.

domingo, 2 de febreiro de 2025

A PARTIR DA CANDELORIA, NINGUNHA AVE VOA SOA

 Hoxe, 2 de febreiro, celebrase a FESTA DA CANDELORIA, e como dí o refrán:

" A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa", 

nesta data casan os paxariños, retornan as aves migratorias e os cortexos nas aves nos indican a vindeira chegada da primaveira.

Por este motivo, na nosa escola, propuxemos o Reto de conseguir 100 casiñas de aniñamento para facilitar o emparellamento dos paxaros, e mañá, luns día 3, ás 12h,  colocaremolos na Avenida de Castelao, xunto enfronte do Pabillón Municipal, lugar onde nos concedeu permiso o Concello.


 



venres, 25 de outubro de 2024

24 DE OUTONO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

Hoxe, ás 12 da mañá, todos os nenos e nenas, mestres e mestras, xuntámonos no patio de Educación infantil para conmemorar esta data tan importante para a biblioteca.
Alumnado voluntario do sexto curso de primaria levou a cabo unha pequena representación teatral  titulada "Recortes"
O resto do alumnado gozou moito con esta pequena actuación. Picolindo animou a festa e fixo a entrega das mochilas viaxeiras de aula, carnets para os novos usuarios e presentou aos colaboradores da bibliteca mailos participantes dos clubs de lectura.



 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A biblioteca da nosa escola está ao servizo de tódala comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Abre todas as tardes de 4 a 6, agás os martes. Papá, mamá, avoa,... animaste a abrirla ese día?.
Pola biblioteca pasan todas as nenas e todos os nenos da escola. 
Aquí tedes a guía de uso:


 

 

xoves, 1 de febreiro de 2024

QUEN SERÁ?

 Algo pasa, que estarán artellando estes rapaces e rapazas do sexto curso?. Hoxe a aula estaba chea de xornais e bolsas de lixo. 




Mans a obra, empezaron a facer bolas e bolas de xornal, encheron as bolsas, e de repente, dunha caixa, con cinta de carrocero, pinturas, paletinas e moita imaxinación, apareceu...

 

 Quen será? Efectivamente, é o meco, o MECO EXPLORADOR. A cativada sabe que os mandadiños están a chegar.