Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PAZ. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Hoxe, ás 12h o alumnado da escola xuntouse no ximnasio da escola para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. A rapazada levaba días traballando nas aulas e hoxe, fixemos o acto común de celebración. Reflexionamos sobre a paz, buscamos onde existen conflitos armados e entre todos fixemos unha pomba de paz.

 

En plástica, basándonos no libro DENTRO DO GUERNICA, de Ana Alonso, da Colección Pizca de Sal, ANAYA,  reflexionamos sobre o que aconteceu na Guerra Civil Española e como o ilustrou Pablo Picasso. 


O Guernica do Resío, basado no Guernica de Pablo Picasso

 Xa, nas sesións de Biblioteca, coa profe Ana, a rapazada buscou información, indagou, e creou un Genially, onde aparecen os maiores conflitos armados da actualidade.

Na aulas prepararon a canción de paz de Pablo Diaz, "TIC, TAC, TOC" e decían unha verba relacionada coa paz os mais cativos e unha frase de paz os maiores. Un bo momento para que a rapazada comprenda o que significa a guerra e o gran valor da PAZ. Esperemos que o noso alumnado, tralos días de reflexión, teñan pulos de cambiar o mundo no que vivimos para mellor. 


O acto foi presentado polos alumnos de quinto, Ane Cid e Daniel Fernández. 






 Aquí tedes un pequeno video da celebración do día de hoxe. 

A música é de PABLO DÍAZ, a canción TIC TAC TOC.