Amosando publicacións coa etiqueta sementando palabras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sementando palabras. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de xaneiro de 2019

COAS PALABRAS DE NADAL, XOGAMOS EN XANEIRO

Volve o SEMENTAMOS PALABRAS. Este mes toca xogar coas palabras das burbullas verdes. Podedes recoller as papeletas no recibidor da escola. Lembrade que a lupa indica que é un xogo para primeiro ou segundo, o tubo de ensaio para terceiro e cuarto e o microscopio para quinto e sexto.



 Sorte!

luns, 3 de decembro de 2018

NO NADAL XOGAMOS COAS PALABRAS DE SANTOS

Volve o SEMENTANDO PALABRAS, os xogos do Nadal son os que seguen:


 Collede a papeleta no recibidor da escola e...
Participade!

venres, 11 de maio de 2018

FACEMOS UN KIT E EXPORTAMOS A NOSA LEIRA: "SEMENTANDO PALABRAS"

Este "kit" é froito do traballo desenvolvido na escola durante varios anos e co que agora queremos agasallar a outras comunidades educativas. O xermolo deste "kit" é unha actividade, "A palabra do día", desenvolvida desde hai máis de oito anos entre o profesorado da escola, no marco das actividades de fomento e uso da lingua galega. 
Esta actividade consiste en apuntar, cada día, no encerado da sala de mestres da escola, unha palabra coa súa definición, relacionada co proxecto anual do noso centro. O profesorado do centro é o encargado de facer chegar este vocabulario ao alumnado ao longo do curso.
Posteriormente, esta actividade engadímoslle outra, consistente en realizar cara a fin do curso , unha competición de "Pasapalabra" con todo o vocabulario desenvolvido na "Palabra do día" durante o ano. Nesta competición participa todo o alumnado de primaria e ten unha grande acollida por parte de todos os nenos. Doutra banda, o "Pasapalabra" aumenta o interese entre os rapaces en asumir o vocabulario da "Palabra do día", engadíndolle maior valor á actividade.
Neste curso, o noso proxecto anual atinxe ao medio rural, as tarefas desenvolvidas no campo tradicionalmente, e quixemos darlle unha volta máis a esta actividade establecendo un espazo no que expoñer as "palabras do día" de cada mes. Neste espazo tiveron cabida outras actividades como pasatempos, adiviñas, enigmas,...
Esta exposición vaise renovando cada mes, do mesmo xeito que as actividades propostas nese mesmo espazo.