Este ano 2023 dedícase este día á pintora María Antonia Dans. Aproveitamos para deixarvos o cartaz cos actos que se celebran na nosa cidade. Estas son as actividades que se van organizar dende as bibliotecas de toda Galicia.
Logo de varios cursos sen poder levar a cabo na escola o tradicional festival de Nadal, este ano, SI que puidemos, e o celebramos moi ben.
Comezou a mañá coa visita do Carteiro Real. todo o alumnado da escola pasou pola entrada para gozar dun momento máxico.
Logo, gozamos co festival, nesta presentación tedes cada unha das actuacións organizadas por cursos. Esperamos que gocedes con ela.
<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="GALERÍA DE VÍDEOS NADAL 2022" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/63a8ef988111150011054c1f" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>
Na seguinte ligazón podedes acceder a tódalas imaxes do evento.
No día de hoxe, o alumnado do segundo curso de primaria fixo unha visita didácita á biblioteca pública Juan Compañel.
Aprenderon as normas para poder visitala e sobre todo disfrutaron moitísimo cos libros tan bonitos que alí había.
Ata lle fixemos unha visita á árbore de Nadal!
Por se non puidestes pasar pola escola, esta é unha pequena escola de libros escollidos de Nadal.
Felices Festas!