Grazas por facernos gozar do teu bo facer, do teu sorriso, das túas escritas, do teu talento...
Con bágoas no corazón...
Ata sempre, mestre.
Grazas por facernos gozar do teu bo facer, do teu sorriso, das túas escritas, do teu talento...
Con bágoas no corazón...
Ata sempre, mestre.
Non temos mellor xeito de manifestar o noso rexeitamento a violencia, que manifestalo todos xuntos.
A nosa comunidade educativa elaborou un video colaborativo. Familias, grazas pola vosa axuda.
Este venres día 10, celebrouse na
escola a tradicional festa do Magosto. Esta festa non sería posible sen mamás, papás, avós e avoas ,profes e ANPA que con agarimo prepararon todo para gozar dunha fermosa mañá.
Os mestres prepararon moitos xogos e obradoiros, a ANPA mercou castañas para a festa e un grupo de familiares colaboraron nos xogos e asaron todas as castañas. O tempo non acompañou, pero o Magosto foi todo un éxito.
En equipos interniveis, os rapaces desfrutaron de xogos populares, peóns, zancos, carreira de sacos, tiro da corda, tragacastañas, varrecastañas, circuíto de castañas, a chave, pinta o magosto, baile, ... Foi un sen parar, so botamos en falla o veraniño de San Martiño.
CIRCUÍTO DE CASTAÑAS |
PREPARADOS PARA O XOGO |
TIRO DA CORDA |
CARREIRA DE SACOS |
PEONS |
VARRE CASTAÑAS |
PINTANDO O MAGOSTO |
TIZNAMOS A CARA |
PREME NA IMAXE E GOZA COAS FOTOGRAFÍAS DO MAGOSTO |
MOITAS GRAZAS, FAMILIAS COLABORADORAS!
MOITAS GRAZAS, ANPA!
Este curso, relacionamos tódalas actividades cos ODS. Elaboramos con táboas de madeira un mural para que tódolos nenos e nenas coñezan os 17 obxectivos de desenvolvemento sostible.