sábado, 31 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


 A FESTA DO SAMAÍN chega de novo a nosa escola. Esta festividade, esquecida durante un tempo, recobra nos últimos anos a súa importancia, dende que nas escolas se conmemora.

Esta festividade, era descrita como un encontro cos espiritos dos defuntos que tiñan autorización para camiñar entre os vivos nas datas do 31 de outono e o 1 de santos.


Na escola traballase moito esta data. Para celebrar o Samaín, hoxe xoves 29 de outono, fixemos unha festa de medo. Na festa houbo esqueletos, vampiros, zombies, bruxas,... 

As nenas e nenos de 4º de Primaria fixemos tamén un videoclip, que podedes ver a continuación:
 



A familia de Angel Gándara, de terceiro de primaria, fixo esta montaxe. Paga a pena vela malia que ten algúns erros lingüísticos. 


Grazas a tódalas  familias por colaborar. Sen o voso traballo esta exposición de cabazas para dar vida ao noso tunel do medo non sería posible.
Na escola dase moita importancia á superación dos medos. Na biblioteca organizouse una exposición de contos que falan do medo.
Contos tan interesantes como, FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS (editorial  OQO).

Agora unhas curtas que vos van gustar.




Tamén podedes ver esta canción en portugués. Hai algunha cousa que non entendas? 

xoves, 15 de outubro de 2015

A SORPRESA

Avecíñase unha gran sorpresa. Ninguén a espera pero... PICOLINDO, a nosa mascota, vai visitar a nosa escola en poucos días. A Biblioteca está de aniversario, e para preparalo...
 Resultado de imaxes para banderines de fiestaResultado de imaxes para banderines de fiesta