sábado, 24 de febreiro de 2018

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos en todo o país o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO.
 Na escola, encadrada entre o aniversario de Rosalía e o mes da poesía, marzo, acordamos centrar a campaña de posta en valor desa figura, tan familiar e importante para todos:

 OS AVÓS E AVOAS

 Os nenos e nenas levaron onte un agasallo para eles: recitarlles uns versos de Rosalía de Castro que levan escritos nuns documentos como os de abaixo. Que xeito tan bonito de celebrar un aniversario!

Xa chegan as primeiras imaxes. Algúns teñen que recitalos a través do teléfono, outros de xeito presencial.



domingo, 18 de febreiro de 2018

NO ENTROIDO... FILLOAS

O Entroido rematou, e as nosas familias gozaron deste tempo de descanso facendo un postre tradicional:
AS FILLOAS.
Iremos subindo os vídeos das familias pouco a pouco, e...
comezamos con DORA e familia.

venres, 9 de febreiro de 2018

PRECIOSO O PASARRÚAS DE ENTROIDO

 Estupenda actividade colaborativa de toda a comunidade educativa. O Entroido, é algo máis cunha festa.
O alumnado, logo de días traballando arreo na confección do seu disfrace, e as familias gozaron dun estupendo día, que comezou algo anubrado e con moita poalla, pero tal e como indicaban as prediccións, pasadas ás dez da mañá, deunos tregua para que,

A COLMEA de 4º EI 



 A CAPOEIRA de 5º EI,



OS NOSOS PORCOS CELTAS de 6º EI



AS VACAS FESTEIRAS de 1º EP
  

OS BOLOS DO RESÍO de 2º EP 


As FROITEIRAS GALEGAS de 3º EP 


GRANXEIROS E APEIROS de 4º EP

 TROMPOS, PEONS OU BUXAINAS de
5º EP e,



ESPANTAR, ESPANTAREI...de 6º EP 



puidesen sair da escola de pasarrúas escoltados pola Policía e mailo meco D. Patacón, que por ser revelde tivo que ser levado tumbado enrriba do coche. 
Se queres ver as imaxes do pasarrúas pica no seguinte enlace: 
https://photos.app.goo.gl/D27cmRtvcjTXF4Dz2


Chegando á escola, foi xulgado polas falcatruadas que nos fixo ao longo da semana.



 A sentencia: "morrer queimado"


As imaxes de grupo, do xuizo e queima do meco e a degustación das saborosas sobremesas podedes descargalas no seguinte enlace:
https://photos.app.goo.gl/bS33bnxZUmV9SDZE2

mércores, 7 de febreiro de 2018

OS BOOKTUBERS DE FEBREIRO

Os nosos alumnos e alumnas non paran de ler, encántanlles os libros, e este mes, nos recomendan...

venres, 2 de febreiro de 2018

DON PATACÓN CHEGA AO ROCÍO

Hoxe, a Comunidade Educativa do Rocío, xuntouse pouco antes das dúas para dar a benvida ao...
Meco Don Patacón


É a figura máis importante do entroido, é o que manda e ordena e... todos debemos obedecer se queremos gozar desta festa tan divertida.
Este luns, un mandil, dos da cociña!