venres, 30 de abril de 2021

#MONICREQUESNACASA 15

A familia de Jose e Álvaro gozaron a pasada semana da mochila contista. Infórmannos de que pasaron uns ratos estupendos e comparten connosco o seu traballo.

XORNADA 9: EXPERTOS nos MALOS DOS CONTOS

 Hoxe finalizan coa novena xornada as XORNADAS DE EXPERTOS correspondientes ao curso 2020/2021, xornada na que os máis cativos da escola nos falan sobre os contos de lobos.

 

Esperamos que foran do voso agrado, pola nosa parte, estamos moi satisfeit@a do traballo desenvolvido polo noso alumnado.

 

xoves, 29 de abril de 2021

mércores, 28 de abril de 2021

XORNADA 7: Expertos en CONTOS DE ANIMAIS

Hoxe comezan os máis cativos as súas conferncias de expertos. Comezamos co alumnado do sexto curso de infantil que nos van falar dos distintos tipos de contos de animais. Grazas polo voso esforzo e traballo.

martes, 27 de abril de 2021

XORNADA 6: EXPERTOS EN LUGARES DE CONTO.

Hoxe é a quenda dos rapaces do primeiro curso de primaria. Son todos uns expertos nos lugares dos contos. Imos aprender moitas cousas con eles.

luns, 26 de abril de 2021

Expertos nos principes e nas princesas.

Hoxe é a quenda do alumnado do segundo curso de primaria, son expertos nos príncipes e nas princesas. https://drive.google.com/file/d/1ZSkEZILGvWllRXcfNTebq5a718ecCAWR/view?usp=sharing

"QUERIDO NADIE", "QUERIDO ALGUIEN". ALICIA BORRÁS SANJURJO VISITA Á ESCOLA

 Alicia Borrás chegou á escola da man da editorial Anaya, para falar co alumnado do seu libro "Querido Nadie...". Foi un encontro moi interesante no que lle deixamos claro que foi un libro que deixou moita pegada. Animámola a seguir escribindo para nós.



venres, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, conmemórase o ´DIA DO lIBRO. Para celebralo, propuxemos ás familias montar un museo do conto. Un museo que se encheu de contos e pequenos obxectos representativos do mesmo. O resultado foi marabilloso. Agradecemos coma sempre a vosa colaboración. A rapazada pasou pola sala e gozou das distintas creacións. 


 
Posteriormente e sen perder o costume, fixemos un apadriñamento lector COVID-19. O alumnado de cuarto, quinto e sexto curso apadriñaron aos distintos cursos dos distintos niveis e en diversas zonas da escola levaron a cabo diversas sesións de  contacontos. 
 
En breve vos subiremos imaxes e vídeos. 
 
A exposición poderedes visitala o martes ás 16h. cumprindo aforos e o protocolo covid.

mércores, 21 de abril de 2021

Sabela Gago coa nosa pirata Clara e a rapazada de 2°

CUARTA XORNADA: EXPERTOS NOS SERES FANTÁSTICOS.

TERCEIRA XORNADA: A MAXIA NOS CONTOS

E aquí temos os expertos de 4º. Adiante a maxia !!!

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO NO RESÍO

 Os nenos e nenas do primeiro e segundo curso de primaria recibimos a visita do gran ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO para falar dos seus libros "Poemar o mar" e "Vento, ventiño, venteiro". Con él aprendemos a xogar coa poesía: escoitamos, recitamos e inventamos. Que curta se nos fixo a visita!

Pasamos unha xornada xenial na súa compaña. Moitas grazas Antonio polo teu agarimo!

 





 

martes, 20 de abril de 2021

SEGUNDA XORNADA DE EXPERTOS: CONTAMOS EN FEMININO

Hoxe é a quenda do alumnado do quinto curso de primaria, co tema CONTAMOS EN FEMININO.

 

 
 
 Esperamos que sexa do voso agrado.

Indicar que as camisetas foron deseñadas e elaboradas polo alumnado.

MONICREQUES NA CASA 14

 
 
 
 
Monicreques na casa coa familia Rodríguez Pequeño. Parece que esta Bela Durminte non vai poder durmir 100 anos. Atentos que empeza !!!

SABELA GAGO E A RAPAZADA DE PRIMEIRO CON MIGUEL PIRATA

CONTACONTOS CON SABELA GALEGO

 Hoxe os nenos e nenas de primeiro e segundo recibimos a visita da actriz e contacontos SABELA GAGO. Con ela afiamos ao lapis da imaxinación e entramos no mundo pirata cos nosos capitáns Miguel e Clara. Disfrutamos moitísimo coa súa visita. 

Grazas á Editorial SM por facernos pasar un día tan fantástico, no que esquecemos máscaras e pandemia e cambiámolas por un parche nun ollo e unha pata de pau.

 





xoves, 15 de abril de 2021

COÑECENDO OS PETROGLIFOS DE CORUXO


 Hoxe os nenos e nenas de sexto de primaria fixeron unha saída didáctica a Fragoselo, nos montes de Coruxo, para coñecer algúns dos moitos petroglifos que hai nesta zona. Tamén puideron gozar coas vistas panorámicas que hai desde o Alto do Polombar. Acompañounos un tempo moi bo así que aproveitaron moi ben a mañá.

 



mércores, 14 de abril de 2021

VISITAMOS A NOSA PRADEIRA MARIÑA

 

Hoxe mércores, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria levamos a cabo unha saída didáctica á praia do Adro dentro do proxecto de Padreiras Mariñas, Tesouros da Biodiversidade.
 
 
 
Grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, CEIDA, sito en Oleiros, aprendemos a coidar o medio ambiente e a facernos expertos deste campo que case non coñece ninguén.
 
 
Baixamos cedo, para aproveitar o bo tempo e debuxar rodeados da natureza, eleximos a perspectiva que máis nos gustou e ... moitas obras de arte xorden  desta iniciativa.
 
 
Ás 11.30 quedaramos con Verónica, Flor, Vero e Sergi, os nosos guías de aprendizaxe. Xa  no primeiro trimestre, foramos á praia e iniciaramos o noso proceso de investigación coa súa axuda. 
 
 
 
O  obxectivo do día de hoxe foi facer un seguimento científico do estado da "nosa pradeira mariña". Distribuímonos en equipos de traballo para analizar a evolución das Zosteras, a fauna e a flora, analizamos os datos e finalmente realizamos unha avaliación conxunta da actividade. 
 
 
 
 
 
 
 
 Atopamos flores na Zostera costeira! 
 
 
 Que ben o pasamos!, por certo, botamos de menos os bañadores. O próximo día seguro que os levamos!


martes, 13 de abril de 2021

ESCOLA DE PAIS

Hoxe, martes 13 de abril, tivo lugar unha XORNADA DE FORMACIÓN

"CONVIVINDO COAS NOVAS TECNOLOXÍAS, 

Foi impartida de 18 a 20h no ximnasio da escola por D. Alberto Casqueiro tentamos crear un espazo onde se compartiron inquedanzas e se intentaron buscar solucións adaptadas ao día a día. Dende a escola búscase velar pola educación dixital dos nosos rapaces.

Grazas pola vosa participación!