Estes obradoiros foron levados a cabo polo psicólogo Daniel Novoa, un gran profesional que foi quen de transmitir o seu entusiasmo no coñecemento e xestión das emocións. Coñecer o que sentimos é moi importante, recoñecer as emocións é fundamental para un bo autocontrol. Traballar as emocións axuda a mellorar a autoestima, mellora as nosas relacións interpersonais, fai que sexamos máis felices, axudanos na resolución de conflitos e incluso mellora a capacidade de aprendizaxe.
xoves, 1 de xuño de 2023
OBRADOIROS EMOCIONAIS CON DANIEL NOVOA
Estes obradoiros foron levados a cabo polo psicólogo Daniel Novoa, un gran profesional que foi quen de transmitir o seu entusiasmo no coñecemento e xestión das emocións. Coñecer o que sentimos é moi importante, recoñecer as emocións é fundamental para un bo autocontrol. Traballar as emocións axuda a mellorar a autoestima, mellora as nosas relacións interpersonais, fai que sexamos máis felices, axudanos na resolución de conflitos e incluso mellora a capacidade de aprendizaxe.
venres, 26 de maio de 2023
OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN: AS EMOCIÓNS NOS DEBUXOS ANIMADOS
Esta semana tivemos o pracer de poder contar na nosa escola con Iago Araújo e María Villar, KAME COMIC.
Ao longo de dúas xornadas todo o alumnado dende o sexto curso de infantil ata o sexto curso de primaria, gozaron dunha sesión de ilustración das emocións a través dos debuxos animados. Foi unha clase de cómic, e eles os mellores mestres, pois dedicanse a traballar diso. Poderiamos dicir deles que son debuxantes, guionistas, creadores de historias, deseñadores, ilustradores, caricaturistas,...
Traballamos o CARTOON, e con eles as emocións.
Aprendemos como facer un bosquexo.
Enganos de caricaturista.
Debuxamos un corpo.
E entre todos, fixemos fermosas produccións.
xoves, 11 de maio de 2023
SEXTO GOZA DUN OBRADOIRO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL
Hoxe, o alumnado do sexto curso de primaria tivo o pracer de levar a cabo un obradoiro de creación audiovisual grazas ao programa da Consellería "Cinema con perspectiva".
Foi unha mañá moi completa na que recibimos en primeiro lugar formación de cómo facer un corto, tipos de imaxes, planos,... Logo buscamos un tema para a curta que tivera que ver coa igualdade de xénero, elaboramos un guión, buscamos un título e distribuimos funcións. Actores, directores, cámaras, guionistas,..
Grazas Manuel por facernos pasar un rato tan entretido!. Aprendemos moitas cousas!
Aquí a nosa curta, grazas a Né Ogando, con FICCBUEU
Este foi o guión, e estos cómics, un resumo do que foi a nosa curta.

venres, 22 de maio de 2020
DÍA 68 #NaCasa, SOGAMA PUBLICITA O NOSO TRABALLO
"Crea o teu maio con material de refugallo"
- Así se titula o proxecto co que o CEIP “Virxe do Rocío” de Vigo, un dos 25 centros de primaria que participan este curso académico no programa “Recíclate con Sogama”, quixo render a súa particular homenaxe ao Día Internacional da Reciclaxe.
- Coa colaboración das familias, os escolares plasmaron, nunha serie de obras elaboradas con materiais de refugallo, como é este mes de maio desde as súas casas.
- A través dos distintos traballos pódese comprobar que o espírito primaveral non decaeu, manténdose tamén firme o compromiso dos pequenos co medio ambiente e, sobre todo, a ilusión e a esperanza de que podamos superar este mal momento.
No marco da crise sanitaria orixinada polo COVID-19, as clases presenciais suspendéronse a mediados do pasado mes de marzo e, tanto profesores como alumnos, tiveron que facer un gran esforzo para adaptarse ás novas circunstancias e seguir traballando desde a distancia para que a aprendizaxe tivera continuidade.
Pero esta situación non limitou a creatividade nin a imaxinación da comunidade educativa, nin moito menos a iniciativa deste centro de cara a promover actividades atractivas que poidan estimular o interese do alumnado e a participación das familias nos seus proxectos.
Os escolares reflectiron nos seus traballos como é este mes de maio que non poden gozar como quixeran, pero que non truncou para nada a esencia e o colorido da primavera, o anticipo do verán e das vacacións, e, sobre todo, a ilusión e a esperanza de que podamos superar este mal momento.
Os pequenos lograron que revistas, cartóns, briks, tapóns, restos de teas, botellas plásticas e de vidro, e papel, entre outros materiais, se vestiran de gala e se converteran en distintas obras nas que retrataron a natureza: árbores, animais, flores, xarrón, bonecos e plantas.
A mensaxe da reciclaxe está moi presente neste labor pedagóxico a través do cal os pequenos comprenden e interiorizan como o aparentemente inservible se converte en algo útil e como o aparentemente feo se transforma en beleza. En definitiva, como os residuos poden converterse en recursos a través dunha axeitada xestión.
O colexio Virxe do Rocío é un dos 25 centros escolares de primaria que este curso académico participa no programa educativo “Recíclate con Sogama”, a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
A súa dedicación, interese, entusiasmo e esforzo traspasou as aulas, posibilitando que a reciclaxe se estenda a cada fogar e a cada familia.
Desde Sogama, o noso máis sincero agradecimiento.
domingo, 10 de maio de 2020
CREA O TEU MAIO, DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE
- A festa dos maios
- O día das Letras Galegas.
1. Fai un cono con cartón
2. Recúbreo cun manto verde, sempre de refugallo
3. Decórao como máis che guste, botóns, tapóns, macarróns,...
venres, 22 de novembro de 2019
PLAN PROXECTA: A COMPOSTAXE.
mércores, 20 de marzo de 2019
TRABALLANDO A TERRA
Tocou sementar, que ben o pasamos!
xoves, 4 de outubro de 2018
DOUS MESES SEN TRABALLAR, AGORA TOCA LIMPAR
venres, 21 de setembro de 2018
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.