Hai xa sete cursos que, dende a escola, iniciamos o proceso de cambio de nome, para eliminar as connotacións relixiosas e ao tempo, dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, conseguir recuperar a denominación tradicional do barrio no que nos atopamos.
Informada a Comunidade Educativa, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar do centro, continuamos a día de hoxe á espera do cambio.
Nas imaxes anteriores, os Bolechas, personaxes moi coñecidos polos nosos alumnos e alumnas, explican a orixe do noso nome.
Se queredes máis información, premede na ligazón.
Aproveitamos para lembrar a obra de teatro dos alumnos e alumnas do quinto curso de primaria deste Nadal, na que, dun xeito magnífico e didáctico, nos explican a orixe do RESÍO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario