PAGINA

xoves, 30 de xaneiro de 2014

SEMANA DE FROITA NA ESCOLA.


Neste curso 2013/14 continuamos a participar no   Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
 
 O plan, encadrado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. Ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha, a vindeira semana, do 3 ao 7 de febrero, outra do 7 ao 11 de abril, e outra, sen determinar,  ao longo do mes de maio.
 Os nenos, terán  a oportunidade de volver  saborear as froitas no momento do recreo.
 A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde, non sexa recomendable.
 A intención é que os nenos coman a froita en lugar do petisco que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas. 
Comezaremos con melón, pera, mandarina, mazá e plátano.
 O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. 
Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E, precisamos, que  as familias  levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario