PAGINA
▼
mércores, 31 de maio de 2017
venres, 26 de maio de 2017
KIKA NO FUTURO
O noso compañeiro Martín Docampo foi o seleccionado no concurso de contos sobre Kika na aula de 3º de Primaria. Parabéns pola historia Martín!!
Gozaríamos moito dunha segunda parte ;)
Deixámosvos co vídeo para que poidades escoitala.
xoves, 25 de maio de 2017
MEDRAN AS PLANTAS
Hoxe atopámonos con novidades nas nosas leiras. As nosas plantas xa están
a medrar! As tomateiras, teñen tomates, e as leitugas seguen imparables, os cogombros están a facerse agardar e os amorodos. Os amorodos están moi, moi saborosos.
E que dicir das árbores; flores e froito en todos eles.
Como gozamos na horta!
E sabedes... o mellor é usar a mangueira nos nosos pés!!!
E que dicir das árbores; flores e froito en todos eles.
Como gozamos na horta!
E sabedes... o mellor é usar a mangueira nos nosos pés!!!
OS ESPANTALLOS INVADEN AS LEIRAS
-Profe, profe,... os paxaros están a comer os nosos amorodos.
-Profe, profe,... as gaivotas, atacan a nosas plantas.
(Estas eran frases habituais cando estabamos a coidar a nosa leira.)
- Tedes razón, temos que facer uns espantallos!
- Que é un espantallo?
- Os espantallos, son uns bonecos que se empregan para escorrentar os paxaros que se comen as sementes.
A semana pasada os nenos de primeiro nos ensinaban os seus espantallos. Ao longo da semana, chegaron ao cole novos espantallos, queredes coñecelos?

ARQUITECTOS DE CORES
O alumnado do primeiro curso de primaria, segue a demostrar que o seu tema anual de ARQUITECTURA lles encanta. Gozaron no día de onte facendo estructuras e construccións con caixas, celofán e a gran colaboración do SOL.
Entre todos, e dun xeito colaborativo, xogaron coa luz, fixeron que trocase de cor é...logo xogaron coas súas sombras...
Non imos a contar mais, con ver as imaxes podedes dar conta do expertos que son.
mércores, 24 de maio de 2017
CAIXA DE SUXESTIÓNS
No blogue da escola e na web, aparece esta imaxe. Esta é a CAIXA DE SUXESTIÓNS, para que calquera membro da nosa comunidade educativa poida deixar as súas ideas, queixas ou suxestións.
A finalidade e tentar que a escola sexa cada día mellor.
O
único requisito para poder utilizar este servizo é que non se poden
usar descalificativos, insultos ou palabras inapropiadas, e en todo caso identificarase a través dunha dirección de e-correo.
OS NOSOS RAPACES AXUDAN A RECICLAR A DINOSETO
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Hoxe estivo na nosa escola, Dinoseto e que ademáis estaba de aniversario.
Viu ao cole a facer
unha xornada sobre a reciclaxe. Con el descubrimos a importancia de
reciclar, como hai que facerlo e por suposto, aprendimos o seu rap da
reciclaxe.
Pasámolo moi ben e ademais, deunos un pequeno agasallo de recordo.
Nesta actividade participaron os alumnos do segundo, terceiro e cuarto curso de Educación Primaria que xogaron con Dinoseto para lembrar que os colectores e papeleiras serven para manter limpa a nosa cidade.
mércores, 17 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS 17
Onte celebramos todos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O escritor homenaxeado foi
CARLOS CASARES
Este gran escritor, nado en Ourense no 1941, vivía moi preto da nosa escola, en Nigrán ata que á idade de 60 anos faleceu por mor dun infarto. Gran narrador e articulista caracterizabase por dinamizar a cultura e tentar renovar a literatura galega.
Autor de grandes obras, nas que podemos destacar Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima, Vento Ferido e Os mortos daquel verán, para adultos e a colección de Toribio, A Galiña Azul, As laranzas máis laranxas de tódalas laranxas, O Principiño, O can Rin e o lobo Crispín, entre outras.
Dirixiu a Editorial Galaxía, a revista Grial e foi o presidente do Consello da Cultura Galega.
Para celebralo fixemos co alumnado de primaria unha Gymkana, na que mezclados por cursos e en trece equipos, debían atopar unhas pistas seguindo o mapa. Unha vez atopadas, os nenos dirixíanse aos mestres, que lles facían unha pregunta relacionada con CARLOS CASARES. Unha vez atopada a información, de ser correcta, acadaban unha das 130 pezas dos puzles que se montaron colaborativamente, en tres equipos, sobre a vida e obra de Carlos Casares.

O alumnado gozou moito coa celebración.
Esta é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
Web: www.brincavai.com
Facebook: http://www.facebook.com/BrincaVai
A festa rematou cantando entre todos o Himno Galego.

OS MAIOS
E despois de días de traballo, chegou á escola a Festa dos Maios. Esta é unha das festas máis fermosas e tradicionais galegas que se celebra o primeiro día do mes das flores. Na escola recuperamos esta tradición galega que festexa a chegada do bo tempo, o triunfo da primavera sobre o inverno. Grazas á achega de flores, herba, fentos, e ovos, construímos entre todos o noso Maio.
A continuación, cada curso cantou as súas coplas dedicadas á primavera.
A continuación, cada curso cantou as súas coplas dedicadas á primavera.
E o alumnado de cuarto, como é tradición na escola, despois de días de preparación agasallounos a todos co BAILE DAS FITAS.
Para finalizar a celebración paseamos o maio
.
.
venres, 12 de maio de 2017
OS NOVOS HABITANTES DA ESCOLA
Onte foi un día especial, nunha das leiras comezaron a vivir catro novos habitantes. Fixádevos que guapos son!!. Os seus creadores tamén.
VISITA A EXPOSICIÓN
Rapaces e rapazas de Educación Primaria animáronse a traer libros de Gloria Fuertes da súa casa. Están a descubrir a esta gran poetísa.
ESTADES CONVIDADOS A VISITALA!
Por outra banda, na escola están distribuidas cartelas cos vídeos das poesías, animádevos a ler o código QR!
mércores, 10 de maio de 2017
CANTAN E CONTAN A GLORIA FUERTES
O video-libro sonoro de Gloria Fuertes, incrementa as súas gravacións.
GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
luns, 8 de maio de 2017
JACOBO FERNANDEZ SERRANO NA ESCOLA
O debuxante e ilustrador, pintor e autor de banda deseñada, JACOBO FERNÁNDEZ, visitou o pasado venres día 5 a nosa escola. Este artista vigués, estivo acompañado polo alumnado do primeiro e segundo curso de educación primaria que son seguidores das súas creacións. Encántalles entre outras, MARCOPOLA.
Os nenos estiveron todos moi atentos ao que lles contaba e como despedida fíxo unha dedicatoria personalizada para cada un dos nosos libros, e tamén fixo unha no libro de visitas da escola. Quedou moi bonita!

Grazas Jacobo, por ensinarnos tantas cousas!
domingo, 7 de maio de 2017
EXPOSICIÓN DA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA
O alumnado do quinto curso de educación infantil, coa súa profe Maricruz e coa inestimable axuda das familias, teñen aberta unha fermosa exposición sobre o mundo da fotografía. Ao longo do curso escolar e como expertos, traballaron arreo para dedicarnos este gran traballo.
No vídeo, facemos un percorrido polo recanto que podedes visitar en horario de atención ás familias.
No vídeo, facemos un percorrido polo recanto que podedes visitar en horario de atención ás familias.