PAGINA

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 17

Onte celebramos todos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O escritor homenaxeado foi
CARLOS CASARES
Este gran escritor, nado en Ourense no 1941, vivía moi preto da nosa escola, en Nigrán ata que á idade de 60 anos faleceu por mor dun infarto. Gran narrador e articulista caracterizabase por dinamizar a cultura e tentar renovar a literatura galega.
Autor de grandes obras, nas que podemos destacar  Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima,  Vento Ferido e Os mortos daquel verán, para adultos e a colección de Toribio, A Galiña Azul,   As laranzas máis laranxas de tódalas laranxas, O Principiño, O can Rin e o lobo Crispín, entre outras.
Dirixiu a Editorial Galaxía, a revista Grial e foi o presidente do Consello da Cultura Galega.

Para celebralo fixemos co alumnado de primaria unha Gymkana, na que mezclados por cursos e en trece equipos, debían atopar unhas pistas seguindo o mapa. Unha vez atopadas, os nenos dirixíanse aos mestres, que lles facían unha pregunta relacionada con CARLOS CASARES. Unha vez atopada a información, de ser correcta, acadaban unha das 130 pezas dos puzles que se montaron colaborativamente, en tres equipos, sobre a vida e obra de Carlos Casares.
O alumnado gozou moito coa celebración.



Esta  é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
Web: www.brincavai.com
Facebook: http://www.facebook.com/BrincaVai


A festa rematou cantando entre todos o Himno Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario