martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Preme na imaxe para gozar con todas as fotos do evento
Hoxe tivo lugar a tradicional festa do magosto. O alumnado durante as dúas primeras sesións estiveron cos seus titores para traballar aspectos culturais e tradicionais da festa. Namentras, uns entusiastas colaboradores axudaron a ataniscar ou amosegar as castañas, facer os cornetes e preparar a zona de traballo da Señora Maruxa, a castañeira.


 Dúas grandes axudantes tivo Señora Maruxa, Emma e Alba, traballaron arreo para que todo estivese a punto. O asador non tivo parada.
 Mentras tanto o alumnado, dividido por etapas, gozou de distintos obradoiros. En educación infantil, debuxaron o magosto, xogaron ao tragacastañas, fixeron un circuíto de castañas e estiveron nun obradoiro de pintacaras.

En primaria,  fixeron carreiras de sacos, tiro de corda, peóns, castaña na fronte, billarda, Zancos, Golf-castaña e o Rap do Magosto.
Por mor da choiva todas as actividades foron no interior.


Rematados os obradoiros, tocou papar as castañas e bailar. 
Se premes na imaxe poderás ver fotografías da etapa de educación infantil

Grazas a todos este Magosto foi posible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario