Preme na imaxe para gozar con todas as fotos do evento |
Hoxe tivo lugar a tradicional festa do magosto. O alumnado durante as dúas primeras sesións estiveron cos seus titores para traballar aspectos culturais e tradicionais da festa. Namentras, uns entusiastas colaboradores axudaron a ataniscar ou amosegar as castañas, facer os cornetes e preparar a zona de traballo da Señora Maruxa, a castañeira.
Mentras tanto o alumnado, dividido por etapas, gozou de distintos obradoiros. En educación infantil, debuxaron o magosto, xogaron ao tragacastañas, fixeron un circuíto de castañas e estiveron nun obradoiro de pintacaras.
En primaria, fixeron carreiras de sacos, tiro de corda, peóns, castaña na fronte, billarda, Zancos, Golf-castaña e o Rap do Magosto.
Por mor da choiva todas as actividades foron no interior.
Rematados os obradoiros, tocou papar as castañas e bailar.
Se premes na imaxe poderás ver fotografías da etapa de educación infantil |
Grazas a todos este Magosto foi posible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario