O claustro de mestres agradece o agasallo dunha das súas alumnas, e manifesta, tamén, o agradecemento ás familias polo gran traballo desenvolvido ao longo destes tres interminables meses de confinamento e por ter sobrevivido á teleformación. Estivemos todos moi preto a través das pantallas dos nosos computadores, agora toca descansar e gozar dunhas merecidas vacacións esperando retomar o ensino presencial no mes de setembro.
PAGINA
▼
sábado, 20 de xuño de 2020
venres, 19 de xuño de 2020
GRADUACIÓN 2019/2020
Hoxe despedimos ao alumnado do sexto curso de primaria, por vídeo conferencia, coa "tele presencia" de alumnos, equipo directivo e parte do Claustro. A titora, dixo unhas verbas aos titulados na Educación Primaria, e foi nomeando a cada un para que os seus pais lle fixeran entrega da insignia da escola, do diploma e a orla.
Tamén lles amosou unhaa banda co título oficioso que gañaron ao longo do seu paso pola escola e que lle será entregada nun encontro persoal nalgún punto da xeografía viguesa. Así, despedímonos de Mr. Fesvellasverzas, Mrs. Filósofa, Mr. Pacificador, Mrs. Sosego, Mrs. Optimista, Mrs. Fuxefuxe,...
Begoña, deulle a palabra aos rapaces para que lesen a súa carta de despedida; aos pais, que como estaban chorosos non foron quen de articular palabra, pero que quixeron rematar o acto co seu agradecemento ao labor educativo dos mestres que traballaron con eles durante estes anos e entregaron a súa mestra Begoña, un fermoso centro de flores e un tapabocas personalizado. Aproveitamos para impoñerlle unha banda co título de Dna. "Ata a corupela..."
GRAZAS FAMILIAS!
BOTARÉMOSVOS EN FALTA,
E XA SABEDES,
AS NOSAS PORTAS ESTARÁN SEMPRE ABERTAS
mércores, 17 de xuño de 2020
martes, 16 de xuño de 2020
luns, 15 de xuño de 2020
domingo, 14 de xuño de 2020
RECOMENDACIÓNS LECTORAS ECO-LÓXICAS
Despois desta crise do coranavirus, nunca antes tivéramos tan claro a importancia do coidado do noso planeta. Haberá que tomalo en serio, non?
venres, 12 de xuño de 2020
DÍA 89 #NACASA: LEMBRANDO O COLE
Xa é moito o tempo que levan @s nen@s na casa. Aquí temos a Lía que seguro representa a tantos ... que lembran ás súas profes e aos seus compañeiros.
mércores, 10 de xuño de 2020
USO RESPONSABLE DAS PANTALLAS
Nestes días nos que o confinamento empeza a ceder, é bo recordar a importancia do uso controlado e responsable de todo tipo de pantallas nos nen@s,
luns, 8 de xuño de 2020
DÍA 85 #NACASA: 8 DE XUÑO DIA MUNDIAL DOS OCÉANOS
Aínda que sexa un día despois non podemos deixar de ter en conta isto: Os residuos afogan a vida mariña e con ela a nosa propia. Cando imos reaccionar?
domingo, 7 de xuño de 2020
DÍA 84 # NaCasa, Xoana acepta o reto de Juan
Fermoso vídeo enviado por Xoana, alumna do primeiro curso de primaria, noraboa!
sábado, 6 de xuño de 2020
venres, 5 de xuño de 2020
5 DE XUÑO DIA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE
De teren ido as cousas como se pensaran, hoxe teríamos un día de celebración e reivindicación polo noso planeta, pero chegóu o coronavirus e todo alterou.
Os nosos cativos fixeron #NaCasa uns debuxos para conmemorar este día.
Aquí imos recordar a importancia do cuidado do noso entorno. Agora máis que nunca é importante facelo. Empecemos por un conto: ¿ Que le pasa al planeta?
Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia.
Se practicas os ECO-RETOS, e logras colocar todas as bandeiras , serás un :
ECO-RESPONSABLE
Os nosos cativos fixeron #NaCasa uns debuxos para conmemorar este día.