xoves, 16 de decembro de 2010

CONCURSO POSTAL DE NADAL.

Como xa sabedes, tódolos anos se  envía unha Postal de Nadal a todas as familias da nosa Comunidade Educativa, para iso, na aula de plástica, os nenos e nenas deben realizar un debuxo de Nadal. Cada un debuxa o que para el significa o Nadal. Entre todos estes traballos faise unha selección dos mellores por parte do profesorado e posteriormente é o alumnado  quen vota os tres debuxos que máis lle gustan, un de cada ciclo ao que non pertence. De esta votación saen os catro debuxos gañadores que comporán a nosa Postal de Nadal. Mañá terá lugar o proceso de votación.
Sorte a todos!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario