martes, 7 de decembro de 2010

ACHEGÁMONOS AO NADAL EN ED.INFANTÍL.

XA QUEDA UN POUQUIÑO MENOS PARA O NADAL

Lola ,axudanta de mamá Noël.

Yago,ayudante de Papá Noël
O venres,3 de decembro,todos nos disfrazamos de axudantes de Papá Noël e Mamá Noël.Encantounos!.
                                                                  
Alba con O Apalpador.

 Tamén estivo na nosa clase  a profe Ángela disfrazada de O Apalpador,que é o noso Papá Noël Galego.Vive só nas montañas da Serra dos Ancares,fuma en pipa e axuda ós Reis Magos e a Papá Noël.Tócalle a barriga ós nenos/as na noite de noiteboa e se os rapaces teñen o bandullo baleiro,déixalle unhas pouquiñas de castañas e se ten o bandullo cheo,déixalle un xoguete feito por el,de madeira.Os rapaces tivéronlle medo nun principio pero de seguido ,os nenos/as se decataron de que non era o verdadeiro Apalpador,senon a profe Ángela.
 Durante toda esta semana estivemos decorando a nosa aula,pintamos os cristais,decoramos a nosa árbore de Nadal,colocamos grilandas metalizadas de moitas cores e fixemos un pequeniño belén,pois todos sabemos porqué é nadal.
 Aquí temos algúns dos nosos traballos.

O noso Belén.Os tres Reis Magos:sabemos cantos son,como se chaman,de onde veñen,escribimos os seus nomes e son moi moi velliños.
 Fixemos unhas felicitacións de Nadal na aula tic cun programa especial e fixemos estas da foto , na nosa  aula,que son para felicitarlle as festas as nosas familias .Se se abren están escritas e asinadas por nós.
O oso polar ,portada.
 Tamén elaboramos as portadas dos traballos do trimestre que levaremos as nosas casas.
Temos máis actividades que iremos expoñendo máis adiante.Como podedes mirar,traballamos moito na nosa aula, e  GÚSTANOS  moito O NADAL!.
A que están chulas as nosas ventás?


Cantamos panxoliñas.
 POESÍA                                                                                    
Nos gusta el invierno,por qué nos gustará?        
 Por la nieve blanca y por la navidad.                        
        
El frío del invierno tiene una solución,
el gorro,el abrigo y la calefacción.


PANXOLIÑA
A miña burriña cando vai para o muiño vai ,toda enfariñada e cheiña de frío,
cheiña de frío e máis de xiada ai,a miña burriña sempre vai cargada.

Ista noite hai unha fia e tamén unha espadela(bis),
quéntame o caldo mamai ai, que eu tamén quero ir a ela(bis).


A miña burriña cando vai pra o muiño vai, toda enfariñada e cheiña de frío,
cheiña de frío e máis de xiada ai,a miña burriña sempre vai cargada.
SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE OS VILLANCICOS GALEGOS,pinchade nesta ligazóns.
    Orixe dos villancicos galegos e tipos.
                                                        CANTARES DE REIS MOI ANTIGOS
                                   http://www.youtube.com/watch?v=dtOWGT_87GY&feature=related

Ningún comentario:

Publicar un comentario