PAGINA

luns, 30 de maio de 2016

VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ


O ESCRITOR Xavier Estévez estivo no noso cole cos alumnos de 5º e 6º por cortesía da Ed XERAIS para falar do libro que lemos "O corazón da maxia".
Entre outros, deixounos pensamentos tan fermosos como:
"A felicidade non está fóra; está dentro de ti"
" Na vida hai que buscar o equilibrio"
"Se queres ser feliz, pódelo ser, depende de ti"
ou
"Os bos libros son os que fan pensar"

MOITAS GRAZAS!



sábado, 28 de maio de 2016

I TORNEO DE XADREZ VIRXE DO ROCÍO


Este xoves botou a andar o noso I TORNEO DE XADREZ para o que tanto estivemos adestrando estes meses. Sorte a tódol@s participantes!

CHAPEUS POR SIRIA

Os nenos e nenas do Rocío quixemos colaborar con esta iniciativa solidaria de FOANPAS e a Funsación Seur.

mércores, 25 de maio de 2016

MANUEL SOLLA VIU Á ESCOLA DA MAN DA EDITORIAL SM

O actor e contacontos Manuel Solla visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º por cortesía da editorial S.M e trouxo con el unha grande sorpresa: A NOSA MASCOTA RASI a tamaño real!!!!

domingo, 22 de maio de 2016

CERTAME LITERARIO MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016.

Tal e como comentaramos nas entradas anteriores, 
o ano 2016,
 dedícaselle o día das LETRAS GALEGAS a
 MANUEL MARÍA,
 polo que o alumnado da escola celebrouno entoando as súas poesías.




   

  Temos uns mestres, alumnos e alumnas que son uns artistas!!!

sábado, 21 de maio de 2016

O BAILE DAS FITAS

Dentro da celebración dos Maios, na escola temos arraigada unha tradición, na que o alumnado do cuarto curso de educación primaria fai o Baile das Fitas.
Ensaiaron moito, e o resultado é espectacular.
GRAZAS RAPACES!

mércores, 18 de maio de 2016

CELEBRANDO OS MAIOS E MAILAS LETRAS GALEGAS


O alumnado  de primaria  debuxou en equipos de traballo, un retrato  Manuel María, autor homenaxeado, neste ano 2016, para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS . Esta é unha das moitas actividades que nestes se desenvolven na nosa escola,  cos versos de Manuel María.
No corredor dispomos dunha gran exposición sobre o autor, e o vindeiro venres día 20, logo de celebrar a festa dos maios, e bailar o baile das Fitas, teremos un certame das letras nas que os nenos e nenas de tódalas aulas serán os verdadeiros artistas das cantigas inspiradas nos seus poemas.

  • 4º E.I. O CUCO
  • 5º E.I. O ARCO DA VELLA
  • 6º E.I. O MEU BURRIÑO
  • 1º E.P. CARACOL
  • 2º E.P. O MEU CUARTO
  • 3º E.P. GALICIA
  • 4º E.P. LABREGOS
  • 5º E.P. A FALA
  • 6º E.P. O ARCO DA VELLA,( VERSIÓN DOUS).
Hoxe 20 de maio, celebramos a tradicional festa dos maios. Nas imaxes podedes comprobar o ben que o pasamos.


No traballo dos alumnos do quinto curso de primaria do Colexio San Pio X de Ourense cóntannos a vida e obra deste gran autor.


E no CPI dos Rois, fixeron este magnífico telexornal.



POEMAS MUSICADOS




venres, 6 de maio de 2016

OS NOSOS DISCOBOLOS


O ATLETA MÁIS FAMOSO É...





Estimadas familias, levamos moitos días traballando na aula de plástica e tentando do mellor xeito converter a famosa escultura do
DISCÓBOLO DE MIRÓN
nunha obra pictórica.
Parece que nos saíu ben. Os mestres felicítannos e algún que outro pai que xa subiu a visitala, tamén.


PAPIS E MAMÍS, AVÓS E AVOAS, 

ESTADES CONVIDADOS!!!

SUBIDE AO PRIMEIRO ANDAR,
 xusto no vestíbulo da aula de inglés,
E APRECIADE E VALORADE
 A NOSA OBRA!!!


O Discóbolo é unha das esculturas máis famosas e representativas da Antigüedade.O Discóbolo é obra de  Mirón de Eleuteras, un escultor grego que viviu no século V antes do nacemento de Cristo. Mirón esculpiu o Discóbolo no ano 450 a. de C. O artista quixo plasmar esforzo e movemento, cousa moi novedosa nese tempo, xa que ata o momento, as esculturas gregas eran como bloques, moi ríxidas.


VI XORNADAS DE EXPERTOS NO ROCÍO


                            XORNADAS DE EXPERTOS

A partires do día de hoxe, desenvolvense novamente na escola as xornadas de expertos. Este é xa o sexto ano consecutivo no que desenvolvemos con estas conferencias o noso proxecto anual.
Nenos e nenas de toda a escola, nas súas aulas especialízanse sobre algún tema, neste curso son as OLIMPÍADAS
para logo explicar nas conferencias aos demais nenos da escola, a súa investigación.

3 anos: OS SÍMBOLOS OLÍMPICOS
4 anos:  XIMNASIA ACROBÁTICA
5 anos: TENISTAS
1º primaria: ATLETISMO
2º primaria: AUGAS ABERTAS
3º primaria: HOCKEY
4º primaria: IUDOKAS
5º primaria: CICLISMO
6º primaria: AUGAS PECHADAS