PAGINA

mércores, 18 de maio de 2016

CELEBRANDO OS MAIOS E MAILAS LETRAS GALEGAS


O alumnado  de primaria  debuxou en equipos de traballo, un retrato  Manuel María, autor homenaxeado, neste ano 2016, para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS . Esta é unha das moitas actividades que nestes se desenvolven na nosa escola,  cos versos de Manuel María.
No corredor dispomos dunha gran exposición sobre o autor, e o vindeiro venres día 20, logo de celebrar a festa dos maios, e bailar o baile das Fitas, teremos un certame das letras nas que os nenos e nenas de tódalas aulas serán os verdadeiros artistas das cantigas inspiradas nos seus poemas.

  • 4º E.I. O CUCO
  • 5º E.I. O ARCO DA VELLA
  • 6º E.I. O MEU BURRIÑO
  • 1º E.P. CARACOL
  • 2º E.P. O MEU CUARTO
  • 3º E.P. GALICIA
  • 4º E.P. LABREGOS
  • 5º E.P. A FALA
  • 6º E.P. O ARCO DA VELLA,( VERSIÓN DOUS).
Hoxe 20 de maio, celebramos a tradicional festa dos maios. Nas imaxes podedes comprobar o ben que o pasamos.


No traballo dos alumnos do quinto curso de primaria do Colexio San Pio X de Ourense cóntannos a vida e obra deste gran autor.


E no CPI dos Rois, fixeron este magnífico telexornal.



POEMAS MUSICADOS




2 comentarios:

  1. eu paseino moi ben no dia . tamen creo que os de 4º fixeron moi ben o baile das cintas
    practicamos moito e perdimos moitos dias de ximnasia.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa a todos os nen@s que participaron foi a mellor homenaxe a das Letras Galegas.

    ResponderEliminar