PAGINA

mércores, 26 de marzo de 2014

COMEZAN AS XORNADAS DE EXPERTOS

Hoxe comezaron as 
XORNADAS de EXPERTOS 
na escola, onde cada curso presenta nunha conferencia, o seu PROXECTO de traballo sobre 
GALICIA 365
Os nen@s de 5 anos foron os encargados de inaugurar estas XORNADAS tan especiais na nosa escola.
O  proxecto centrouse no
CINE EN GALICIA
A súa curiosidade: 
COMO SE FAN AS PELÍCULAS 
DE DEBUXOS ANIMADOS?
Nesta presentación podedes entender a evolución do proxecto
A exposición do traballo diante de todo o alumnado da escola é unha experiencia 
ÚNICA.
Expresando as nosas ideas en público,
e superando emocións como a vergoña e o medo escénico...traballamos competencias e adquirimos aprendizaxes funcionais que nos servirán para toda a vida!!
Aprender deste xeito ten moito sentido!!
Mira as imaxes da conferencia e imaxina todas as emocións do momento!!


Pero o momento que TODOS estabamos esperando era a ESTREA da PELÍCULA!!
Unha curtametraxe feita coa técnica de STOP MOTION coa que aprendimos a darlle vida aos  personaxes de plastilina.
Mira como o fixeron...
Elaboramos un GUIÓN e debuxamos un STORYOBOARD
 
Creamos os ESCENARIOS E PERSONAXES
 
 
Gravamos a ANIMACIÓN con fotografías

Así se fixo
 Eliximos a banda sonora, traballamos a dobraxe e a POST-PRODUCIÓN da curtamentraxe con ferramentas tecnolóxicas.
E agora sí!!
Chegou o momento de presentar para todo o público MUNDIAL
"ESTAMOS EN PERIGO"
Esperamos que vos guste e animámosvos a que comentedes e compartades o noso traballo.

martes, 25 de marzo de 2014

ANÍMATE

O I.E.S Audiovisual de BOUZAS convida a todas as familias: nais, pais, nen@s, avós e avoas, tíos... á gravación dun
FLASH MOVE sobre BOUZAS
DÍA: Mañá, mércores 26 de Marzo
LUGAR: Praia de Bouzas
Hora: 16:00h

martes, 4 de marzo de 2014

ENTROIDO, GALICIA 3 6 5


O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. 
Os entroidos máis famosos de Galiza son os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo ...



O MerdeiroO ENTROIDO EN VIGO. 
OS MERDEIROS.
 Os nenos e nenas de sexto de primaria, decidiron representar o entroido vigués a través da figura do MERDEIRO. O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular. Este personaxe prohibiuse a través dun bando municipal na década dos 20, por ser uns personaxes escatolóxicos. 
Esta figura aparece no Berbés e plasma a rivalidade existente entre a xente do mar e a do campo. Os mariñeiros burlábanse dos agricultores,  que baixaban ao porto na busca de vísceras de peixe e algas para abonar os seus campos. Coa chegada do entroido, os mariñeiros, disfrazados de MERDEIROS, ían polas rúas do Casco Vello tirando tripas de peixe podre e molestando a todas aquelas persoas que paseaban polas mesmas. A figura do Merdeiro reaparece na nosa cidade aló polo ano 2006. O Merdeiro dedícase a berrar, insultar,  correr e brincar polas rúas tentando asustar á xente e golpeala coa súa vasoira.

 


"Os merdeiros, a recuperación", é un documental de Breixo Parcero e Vanessa Rodríguez.

 

AS PANTALLAS DE XINZO .


 Os nenos e nenas de quinto de primaria, decidiron disfrazarse este ano de PANTALLAS. Este é o traxe típico do entroido de Xinzo. As Pantallas levan camisa e pantalón brancos, capa, pañoleta, polainas e zapatos negros. Levan posto un faxín, do que colgan unhas campaíñas.
O elemento principal do disfraz son as vexigas que son golpeadas entre sí.
 
A pantalla, faise dunha soa peza, ten cara de diaño. A parte de arriba adórnase con motivos astrais.
A súa función é vixilar que ninguén pasee polas rúas sen disfrace. A quen "pillen", terá que convidar a unha rolda de viño, de non ser así, será perseguido  e levado en brazos ata o bar máis próximo para pagarlle uns viños ás pantallas. 
A pesares de non levar as vexigas, os nenos e nenas de quinto estaban guapísimos.





O ENTROIDO EN VERÍN.
                      OS CIGARRÓNS.


O CIGARRÓN é o personaxe central do entroido en Verín. O traxe pesa arredor de 25 kg.  Non é sinxelo de levar xa que as chocas pesan moitísimo. A carauta é de madeira e se prolonga cunha especie de mitra de metal cun debuxo dun animal.
O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata e unha chaleco curto  atado con fitas de tres cores.
 Levan unha faixa vermella enrolada á cintura. Enriba da faixa levan colgadas as chocas que polo seu peso  dificultan  o movemento.
Para poder levar este traxe, hai que estar moi en forma e para vestirse fai falla que te axuden outras persoas.
O traxe é moi parecido ao do Peliqueiro.Este curso tivemos a gran sorte de contar con catro cigarróns de verdade, pois o pai de Tristán, alumno do segundo curso de Educación Primaria, viu á escola acompañado polo seu irmá, e dous amigos e completaron o noso pasarrúas. Grazas, grazas e grazas. Contamos convosco o vindeiro curso.
Xunto a eles, os nenos e nenas do cuarto curso, desfilaron cos seus marabillosos traxes. Metros e metros de goma azulona utilizaron para facer os volantes, latas e latas de bebidas refrescantes, para convertilas en chocas, e... moita ilusión para facer un disfrace que deleitou a pais, nais e veciños de Bouzas.
Nesta diapositiva podedes comprobar se é certo o que vos conto.

 


 O ENTROIDO NA ALDEA DE BUXÁN. 
O BOLO (OURENSE).




Nos puchos, dos nenos de terceiro,  vese a decoración feita cunhas bonecas e fitas de varias cores. É a  típica máscara de Buxán. Estas máscaras chaman moito a atención, polo  pucho adornado con papeis de cores e fitas brillantes. 
Levan camisa branca e gravata.
Cúbrense cun mantón.
O pantalón tamén é vistoso.
Nas mans levan luvas e nunha delas unha caxata ou espada,  na outra levan un saquiño de fariña. As botas son negras con polainas.
 A máscara é moi bonita como se pode ver nestas fotografías. É ademais rechamante e orixinal.




 



OS LABARDEIROS
NO ENTROIDO
 DE MUGARES, (TOÉN)
  
Labardeiros é o disfrace elixido pola aula de primeiro de educación primaria.

Os traxes son moi vistosos. Os labardeiros van vestidos de branco e na súa camisa e nos pantalóns levan como adorno flores de cores variadas.
 O pantalón vai ata debaixo do xeonllo adobiado de cores variadas. 
A faciana  lévana tapada cunha tea en forma de rede.

Levan posto un pucho con flores e fitas de cores. 

O pasado venres enchemos de cor as rúas de Bouzas. Nas imaxes podedes gozar  co noso pasarrúas.

 

O ENTROIDO DE SARREAUS, 
 OS VERGALLEIROS
O Vergalleiro é o disfrace típico de Sarreaus. O traxe vai composto dunha camisa branca , un pantalón branco con tres fitas entrelazadas en cor verde, negra e vermella. Ademais leva un chaleco de feltro negro e polainas tamén negras con pompóns en vermello que van dende os xeonllos ata os pés. Tamén levan unha faixa de cor vermella con pompóns negros nos extremos. Levan na faixa unhas chocas que lles fan facer ruído alá por onde vaían.
A súa cara é sorrinte. 
Os nenos e nenas de segundo de primaria disfrazaronse destes personaxes. No  pasarrúas  chamaron a atención dos viandantes.







Grazas familias!! 

Sen vós non sería posible que todo fose tan perfecto. 

Grazas familias por acompañarnos no pasarúas por Bouzas!! 
Grazas por participar connosco e trasmitir a toda as persoas da nosa contorna a importancia das nosas festas!! 
Grazas por gozar cos vosos fillos desta festa tan tradicional!

 Viva o ENTROIDO!!

UN BOSQUE ANIMADO CHEO DE PORCOS CELTAS E XOANIÑAS.

Seguindo a temática anual de GALICIA 3 6 5 , os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL, converteronse nun BOSQUE ANIMADO cheo de PORCOS CELTAS e de XOANIÑAS.
O bosque animado é unha película de animación estreada en 2001.Baseada na novela de Wenceslao Fernández Flórez, foi a primeira película de animación 3-D realizada en Europa. Supuxo un grande éxito do audiovisual galego.

Este bosque cheo de carballos, foi o tema elixido polos nenos e nenas de cinco anos.









Os de catro anos son os porcos celtas.





UNHA PRECIOSA MANDA DE PORCOS CELTAS. on PhotoPeach


E os máis cativos, os nenos e nenas de tres anos, son as xoaniñas deste bosque tan fermoso. 


luns, 3 de marzo de 2014

DESPOIS DO PASARRÚAS, XUIZO DO MECO E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS.

Dona Galiza, a Meco deste ano, decidiu amolarnos ao longo de toda a semana, se gorros, se calcetíns, se castigos,... Tivonos danzando duranate cinco dias e o pasado venres sometémola a XUÍZO. Como Galiza é a nosa nai, non podiamos castigala, polo que a perdoamos e ela permitiunos degustar as filloas e orellas que as familias fixeran para gozar da festa.