PAGINA

mércores, 26 de marzo de 2014

COMEZAN AS XORNADAS DE EXPERTOS

Hoxe comezaron as 
XORNADAS de EXPERTOS 
na escola, onde cada curso presenta nunha conferencia, o seu PROXECTO de traballo sobre 
GALICIA 365
Os nen@s de 5 anos foron os encargados de inaugurar estas XORNADAS tan especiais na nosa escola.
O  proxecto centrouse no
CINE EN GALICIA
A súa curiosidade: 
COMO SE FAN AS PELÍCULAS 
DE DEBUXOS ANIMADOS?
Nesta presentación podedes entender a evolución do proxecto
A exposición do traballo diante de todo o alumnado da escola é unha experiencia 
ÚNICA.
Expresando as nosas ideas en público,
e superando emocións como a vergoña e o medo escénico...traballamos competencias e adquirimos aprendizaxes funcionais que nos servirán para toda a vida!!
Aprender deste xeito ten moito sentido!!
Mira as imaxes da conferencia e imaxina todas as emocións do momento!!


Pero o momento que TODOS estabamos esperando era a ESTREA da PELÍCULA!!
Unha curtametraxe feita coa técnica de STOP MOTION coa que aprendimos a darlle vida aos  personaxes de plastilina.
Mira como o fixeron...
Elaboramos un GUIÓN e debuxamos un STORYOBOARD
 
Creamos os ESCENARIOS E PERSONAXES
 
 
Gravamos a ANIMACIÓN con fotografías

Así se fixo
 Eliximos a banda sonora, traballamos a dobraxe e a POST-PRODUCIÓN da curtamentraxe con ferramentas tecnolóxicas.
E agora sí!!
Chegou o momento de presentar para todo o público MUNDIAL
"ESTAMOS EN PERIGO"
Esperamos que vos guste e animámosvos a que comentedes e compartades o noso traballo.

2 comentarios:

  1. Magnífico traballo!
    Grazas por ensinarnos como se fai unha película de debuxos animados.
    Encantoume todo. Sodes uns artístas!
    Unha forte aperta para María e os 25 magníficos.
    Boa noite. Angela.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por esa información. Notouse todo o que traballaron estes nenos. MOI BEN nenoa de 5 anos. Álex Lorenzo o de quinto.

    ResponderEliminar