PAGINA

mércores, 29 de maio de 2024

PASAPALABRA

Unha nova edición do Pasapalabra, tivo lugar no día de hoxe na escola.


Ao longo das últimas semanas, levaronse a cabo as probas clasificatorias e dous equipos de cada ciclo foron clasificados para a final. Levamos un curso completo no que se está a traballar co alumnado e co profesorado o vocabulario temático do PDI da escola "Un planeta cheo de vida". Traballamos moitas e logo de atender ás conferencias de expertos, tomar notas, elaborar mapas mentais organizando os novos coñecementos que logo foron sometidos en equipos mixtos  de dúas clases ( 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º ) ao rosco do Pasapalabra.

Pasapalabra primeiro ciclo


Pasapalabra segundo ciclo

Pasapalabra terceiro ciclo


Presentadores

Todos somos gañadores, da experiencia, da investigación, desta aventura do saber. Pero como se trata dun concurso, os equipos gañadores foron agasallados cunha camiseta da escola.
 
Gañadores
Segundos clasificados
 
Estamos desexando que se celebre unha nova edición!
 

HOXE VISÍTANOS... DAVÍD RODRÍGUEZ

 

Hoxe as nenas e nenos de1º e 2º de Primaria, recibimos a visita de David Rodríguez, autor e ilustrador de profesión. Tivemos unha divertida sesión de animación coa lectura de "Superavoa".


 


 
 


 Moitas grazas David!

Moitas grazas, Xerais!



SOMOS COMPETENTES

 SOMOS COMPETENTES é un Proxecto no que se propuxeron diferentes traballos para comprobar a competencia no fogar do alumnado:  

  •  Limpeza de baños. 
  •  Cociñamos unha tortilla de patacas.
  •  Do cesto da roupa sucia ao armario. 
  •  Coidamos as mascotas. 
  •  Arranxamos estragos. 
  • Entendemos as facturas. 
 Todos eles co seu  caderniño correspondente.

martes, 28 de maio de 2024

A HORTA DA ESCOLA, FAI REALIDADE O TEMA DO PDI ANUAL: UN PLANETA CHEO DE VIDA

 

 

Chegado o mes de febreiro, e ata o verán, o alumnado mailo profesorado da escola traballa na horta escolar. Esta é unha ferramenta educativa moi valiosa que ofrece múltiples beneficios para o alumnado, especialmente para os máis cativos. Estes beneficios non só están relacionados coa aprendizaxe académica, senón tamén co desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, promovendo a conciencia ambiental e o respecto pola natureza. 

Hoxe, contamos na escola con alumnos e alumnas que pensan que as leitugas medran no supermercado, polo que ademáis de fomentar hábitos alimentarios saudables e concienciar sobre a orixe dos alimentos co traballo na horta melloramos as  habilidades motoras finas e grosas a través do traballo manual na horta. Tocar a terra, é un esforzo para moitos dos cativos, outros gozan da actividade.

 

O coidado da horta non so se fai cando temos que preparar o bancal, senón que conleva responsabilidade na distribución de tarefas e no coidado da mesma no día a día. O alumnado ten que organizarse en grupos para limpar, regar, e finalmente facer a recolleita.

 

 


Na horta aprendemos moitas cousas:


  • Partes das plantas: raíz, talo, follas, flores e froitos.
  • Ciclo de vida das plantas: semente, xerminación, crecemento, floración e produción de froitos.
  • Tipos de plantas e hortalizas: diferencias entre unhas plantas e outras.
  • A importancia do solo e dos seus nutrientes.
  • O ciclo da auga e a súa relevancia no crecemento das plantas.
  • Insectos e outros organismos beneficiosos para a horta.
  • Identificación de diferentes tipos de froitas e verduras.
  • Medición e rexistro de datos: altura das plantas, cantidade de auga utilizada, etc.
  • Conteo de sementes e plantas...

Non podemos marchar da horta sen limpar as nosas botas.


Logo de seis anos traballando a horta, toca despedirse dela; facémolo levando o froito do noso traballo: LEIUGAS. Faremos unha fantástica ensalada!


 

luns, 27 de maio de 2024

HOTEL PARA BICHOS

Este curso que estamos a traballar e coñecer un pouquiño o  Planeta Terra, temos unha curiosidade especial por tódolos seres que o habitamos. Como os insectos son moitísimos, queremos coñecelos , identificalos e respectalos. Sabemos o importante que son nos ecosistemas. Teñen un papel moi importante na polinización, na descomposición e como alimento doutros animais.



 A profe Susana co seu pai, construíron un hotel para bichos. Nós enchemos cada un dos cuartos dese hotel; un hotel que conta con nove cuartos, nove, como os cursos da escola. Xuntos, en equipo completamos este proxecto para poder coñecer tipos de bichos, nomealos e recoñecelos como ás xoaniñas, os caracois, as abellas,...

Tamén identificamos os materiais necesarios para a súa construción, paus, piñas, canas, palla,...  

 

Xa queda pouco tempo para que instalemos o noso hotel no seu espazo, e, dende xa, imos observalo para coñecer moitas cousas sobre el. 

O vindeiro curso observaremos e rexistraremos o comportamento dos insectos e cando chegue o inverno, os bichos terán un refuxio onde vivir e reproducirse. 

Nós tamén nos beneficiaremos pois axudarannos a controlar o pulgón das nosas árbores froiteiras.

 

domingo, 26 de maio de 2024

COÑECEMOS E TRABALLAMOS COA IMPRESORA 3D

 Ao longo de varias sesións de traballo, co alumnado do quinto e sexto curso de primaria fixemos unha introdución á impresión 3D. O alumnado comprobou en directo, que non sempre os nosos deseños saen ben, unhas veces polo comportamento caprichoso da máquina e outras por erros no deseño.

 

 Fíxose unha pequena explicación sobre a impresión 3D, falamos do que é, como funciona e para que se utiliza, visualizamos un vídeo breve sobre a impresión 3D, e dimos a coñecer o programa Thingiverse.

Buscamos e seleccionamos diferentes deseños para imprimir na aula. Como exemplo estes colgantes en forma de pomba da paz, que se fixeron con motivo desa data.

Colgantes Día da Paz


O interesante estaba por vir, a presentación do programa Tinkercad, foi un éxito. Aprendemos os conceptos básicos e ferramentas de deseño, e logo fixemos o rexistro da clase, para que cada neno tivera o seu usuario de aula para poder crear un obxecto sinxelo. Comezamos creando un chaveiro personalizado. Primeiro fixemos un bosquexo en papel, e logo deseñamos no programa e finalmente exportamos o deseño .stl, a un lápiz de memoria para que a mestra puidese imprimilos. 

Chaveiro Personalizado
Chaveiro personalizado

Este non foi o único proxecto, tamén deseñamos marcapáxinas con motivo do día do libro, trofeos para os mellores lectores e lectoras e incluso tentamos facer o deseño da moeda oficial da biblioteca: o Pikeuro.

Mascota da escola
Mascota da escola
Mascota da escola 


Moeda oficial da escola
Medallas lectoras
Medalla lectora
Trofeo lector

Preparamos e imprimimos case tódolos deseños, para repasalos e reflexionar sobre o traballo levado a cabo. Moitos traballos quedaron moi ben, outros son susceptibles de mellora. Esta é a verdadeira avaliación do traballo realizado.

Marcapáxinas


 

Mascota da escola


Niños de paxaros

Marcapáxinas
Marcapáxinas

Pombas Día da Paz

Este é un traballo que fomenta o traballo en equipo e en colaboración entre o alumnado, permite o intercambio de ideas e busca a resolución de problemas de xeito conxunto. O alumnado desenvolve habilidades tecnolóxicas e creativas, utilizan os conceptos matemáticos de volume e traballan en proxectos divertidos.

O último proxecto deste curso foi crear un trofeo para os máximos lectores da biblioteca escolar. O trofeo gañador foi o de Valeria, e quedou así de bonito.


 

Tamén aprenderon a ter paciencia pois, a impresión destas e outras cousas, leva moito tempo.











venres, 24 de maio de 2024

O VIOLÍN DE LUISA

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e tendo en conta a faceta musical de Luisa Villalta, dende a biblioteca, proponse na sesión Steam, un proxecto no que o alumnado traballando en equipos colaborativos, sexa quen de facer un violín sonoro.

Os obxectivos da actividade consistían en aprender a usar a placa Makey Makey, comprender os seus principios  e conceptos básicos de circuítos eléctricos e desenvolver habilidades de programación elemental utilizando Scratch. Nesta actividade promovemos o traballo en equipo, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Ao chegar á aula, presentamos o Makey Makey e explicamos de xeito sinxelo aos rapaces  que é e como funciona.


A continuación facilitamosl a cada equipo encadernadores, fío condutor e o Makey Makey para que cortaran e montaran o violín, colocando de xeito axeitado os fíos condutores.


Logo do anterior, queda facer a Conexión do Makey Makey ao computador do alumnado e facer a conexión dos fíos condutores á placa mediante as pinzas crocodilo e comprobar a condutividade e o funcionamento do circuíto.

Unha vez comprobado, so queda facer a través do Scratch a programación para que cada corda soe cunha nota distinta, ou que cada corda soe como un instrumento diferente,...


 

Só queda que a rapazada faga as probas e axustes necesarios para mostrar aos demais os seus violíns sonoros e que nos expliquen como avalían o traballo desenvolvido.


 

Queda claro que Luisa Villalta foi unha escusa para desenvolver un proxecto que combina tecnoloxía, creatividade e programación.


 

Aproveitamos a ocasión para ensinarlles a condutividade do corpo humano. Probamos a tocar co Makey Makey, o Scratch mailo noso corpo.





 Foi unha experiencia marabillosa!