PAGINA

martes, 28 de maio de 2024

A HORTA DA ESCOLA, FAI REALIDADE O TEMA DO PDI ANUAL: UN PLANETA CHEO DE VIDA

 

 

Chegado o mes de febreiro, e ata o verán, o alumnado mailo profesorado da escola traballa na horta escolar. Esta é unha ferramenta educativa moi valiosa que ofrece múltiples beneficios para o alumnado, especialmente para os máis cativos. Estes beneficios non só están relacionados coa aprendizaxe académica, senón tamén co desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, promovendo a conciencia ambiental e o respecto pola natureza. 

Hoxe, contamos na escola con alumnos e alumnas que pensan que as leitugas medran no supermercado, polo que ademáis de fomentar hábitos alimentarios saudables e concienciar sobre a orixe dos alimentos co traballo na horta melloramos as  habilidades motoras finas e grosas a través do traballo manual na horta. Tocar a terra, é un esforzo para moitos dos cativos, outros gozan da actividade.

 

O coidado da horta non so se fai cando temos que preparar o bancal, senón que conleva responsabilidade na distribución de tarefas e no coidado da mesma no día a día. O alumnado ten que organizarse en grupos para limpar, regar, e finalmente facer a recolleita.

 

 


Na horta aprendemos moitas cousas:


  • Partes das plantas: raíz, talo, follas, flores e froitos.
  • Ciclo de vida das plantas: semente, xerminación, crecemento, floración e produción de froitos.
  • Tipos de plantas e hortalizas: diferencias entre unhas plantas e outras.
  • A importancia do solo e dos seus nutrientes.
  • O ciclo da auga e a súa relevancia no crecemento das plantas.
  • Insectos e outros organismos beneficiosos para a horta.
  • Identificación de diferentes tipos de froitas e verduras.
  • Medición e rexistro de datos: altura das plantas, cantidade de auga utilizada, etc.
  • Conteo de sementes e plantas...

Non podemos marchar da horta sen limpar as nosas botas.


Logo de seis anos traballando a horta, toca despedirse dela; facémolo levando o froito do noso traballo: LEIUGAS. Faremos unha fantástica ensalada!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario