PAGINA

venres, 24 de maio de 2024

O VIOLÍN DE LUISA

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e tendo en conta a faceta musical de Luisa Villalta, dende a biblioteca, proponse na sesión Steam, un proxecto no que o alumnado traballando en equipos colaborativos, sexa quen de facer un violín sonoro.

Os obxectivos da actividade consistían en aprender a usar a placa Makey Makey, comprender os seus principios  e conceptos básicos de circuítos eléctricos e desenvolver habilidades de programación elemental utilizando Scratch. Nesta actividade promovemos o traballo en equipo, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Ao chegar á aula, presentamos o Makey Makey e explicamos de xeito sinxelo aos rapaces  que é e como funciona.


A continuación facilitamosl a cada equipo encadernadores, fío condutor e o Makey Makey para que cortaran e montaran o violín, colocando de xeito axeitado os fíos condutores.


Logo do anterior, queda facer a Conexión do Makey Makey ao computador do alumnado e facer a conexión dos fíos condutores á placa mediante as pinzas crocodilo e comprobar a condutividade e o funcionamento do circuíto.

Unha vez comprobado, so queda facer a través do Scratch a programación para que cada corda soe cunha nota distinta, ou que cada corda soe como un instrumento diferente,...


 

Só queda que a rapazada faga as probas e axustes necesarios para mostrar aos demais os seus violíns sonoros e que nos expliquen como avalían o traballo desenvolvido.


 

Queda claro que Luisa Villalta foi unha escusa para desenvolver un proxecto que combina tecnoloxía, creatividade e programación.


 

Aproveitamos a ocasión para ensinarlles a condutividade do corpo humano. Probamos a tocar co Makey Makey, o Scratch mailo noso corpo.





 Foi unha experiencia marabillosa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario