PAGINA

domingo, 26 de maio de 2024

COÑECEMOS E TRABALLAMOS COA IMPRESORA 3D

 Ao longo de varias sesións de traballo, co alumnado do quinto e sexto curso de primaria fixemos unha introdución á impresión 3D. O alumnado comprobou en directo, que non sempre os nosos deseños saen ben, unhas veces polo comportamento caprichoso da máquina e outras por erros no deseño.

 

 Fíxose unha pequena explicación sobre a impresión 3D, falamos do que é, como funciona e para que se utiliza, visualizamos un vídeo breve sobre a impresión 3D, e dimos a coñecer o programa Thingiverse.

Buscamos e seleccionamos diferentes deseños para imprimir na aula. Como exemplo estes colgantes en forma de pomba da paz, que se fixeron con motivo desa data.

Colgantes Día da Paz


O interesante estaba por vir, a presentación do programa Tinkercad, foi un éxito. Aprendemos os conceptos básicos e ferramentas de deseño, e logo fixemos o rexistro da clase, para que cada neno tivera o seu usuario de aula para poder crear un obxecto sinxelo. Comezamos creando un chaveiro personalizado. Primeiro fixemos un bosquexo en papel, e logo deseñamos no programa e finalmente exportamos o deseño .stl, a un lápiz de memoria para que a mestra puidese imprimilos. 

Chaveiro Personalizado
Chaveiro personalizado

Este non foi o único proxecto, tamén deseñamos marcapáxinas con motivo do día do libro, trofeos para os mellores lectores e lectoras e incluso tentamos facer o deseño da moeda oficial da biblioteca: o Pikeuro.

Mascota da escola
Mascota da escola
Mascota da escola 


Moeda oficial da escola
Medallas lectoras
Medalla lectora
Trofeo lector

Preparamos e imprimimos case tódolos deseños, para repasalos e reflexionar sobre o traballo levado a cabo. Moitos traballos quedaron moi ben, outros son susceptibles de mellora. Esta é a verdadeira avaliación do traballo realizado.

Marcapáxinas


 

Mascota da escola


Niños de paxaros

Marcapáxinas
Marcapáxinas

Pombas Día da Paz

Este é un traballo que fomenta o traballo en equipo e en colaboración entre o alumnado, permite o intercambio de ideas e busca a resolución de problemas de xeito conxunto. O alumnado desenvolve habilidades tecnolóxicas e creativas, utilizan os conceptos matemáticos de volume e traballan en proxectos divertidos.

O último proxecto deste curso foi crear un trofeo para os máximos lectores da biblioteca escolar. O trofeo gañador foi o de Valeria, e quedou así de bonito.


 

Tamén aprenderon a ter paciencia pois, a impresión destas e outras cousas, leva moito tempo.











Ningún comentario:

Publicar un comentario