luns, 27 de maio de 2024

HOTEL PARA BICHOS

Este curso que estamos a traballar e coñecer un pouquiño o  Planeta Terra, temos unha curiosidade especial por tódolos seres que o habitamos. Como os insectos son moitísimos, queremos coñecelos , identificalos e respectalos. Sabemos o importante que son nos ecosistemas. Teñen un papel moi importante na polinización, na descomposición e como alimento doutros animais.



 A profe Susana co seu pai, construíron un hotel para bichos. Nós enchemos cada un dos cuartos dese hotel; un hotel que conta con nove cuartos, nove, como os cursos da escola. Xuntos, en equipo completamos este proxecto para poder coñecer tipos de bichos, nomealos e recoñecelos como ás xoaniñas, os caracois, as abellas,...

Tamén identificamos os materiais necesarios para a súa construción, paus, piñas, canas, palla,...  

 

Xa queda pouco tempo para que instalemos o noso hotel no seu espazo, e, dende xa, imos observalo para coñecer moitas cousas sobre el. 

O vindeiro curso observaremos e rexistraremos o comportamento dos insectos e cando chegue o inverno, os bichos terán un refuxio onde vivir e reproducirse. 

Nós tamén nos beneficiaremos pois axudarannos a controlar o pulgón das nosas árbores froiteiras.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario