Como vén sendo tradicional na escola, hoxe celebramos conxuntamente a Festa dos Maios mailo Día das Letras Galegas que este ano dedícase a Luisa Villalta.
A Festa dos Maios é unha festa moi especial que se celebra na nosa terra, Galicia, sobre todo ao comezo de maio, para celebrar a chegada da primavera. Nesta festa, as persoas decoran figuras feitas con elementos naturais como flores, herbas, follas, e tamén con fiúncho e carrabouxos. Na nosa escola intentamos facelo coma eles, pedindo a colaboración das familias para traer os fiunchos, os pampillos, os ovos, entre moitas cousas. Aproveitando o bo tempo da ponte, as familias trouxeron moitas cousas para que lozan no noso Maio.
A estrutura do noso maio, ten forma de pirámide e o alumnado do sexto curso coa axuda da súa mestra titora Begoña, o profe Juan, o mestre Jesús, a profe Ana, o profe Rafa, entre outros, cubrironno coas herbas e elementos naturais verdes.
Nas aulas dos outros cursos, fixeronse grilandas cos pampillos e flores aportados polas familias. O obxectivo é decorar o noso maio para que se vexa moi fermoso e alegre.
Unha vez montado o maio, cantamos entre tosos as "coplas dos maios" e tamén desfilamos co maio polo patio da escola.
Celebrar os maios é unha maneira de manter vivas as tradicións culturais da nosa terra e tamén é unha oportunidade para ser creativos, traballar en equipo e divertirse moito!
Para rematar a festa, o alumnado do cuarto curso de primaria bailou o "Baile das Fitas" acompañados en directo polo profe Juan tocando a gaita acompañado por Luis Piñeiro, a profe Rebeca tocando o bombo, a profe Ana tocando a Pandeireta e a alumna Alexandra Estevez coas cunchas.
Todos eles acompañaronnos con música en directo mentres faciamos o crebacabeas cooperativo de Luisa Villalta e contamos o Himno Galego..
Ningún comentario:
Publicar un comentario