PAGINA

luns, 20 de maio de 2024

CELEBRAMOS OS MAIOS E AS LETRAS GALEGAS 2024

 Como vén sendo tradicional na escola, hoxe celebramos conxuntamente  a Festa dos Maios mailo Día das Letras Galegas que este ano dedícase a Luisa Villalta.

A Festa dos Maios é unha festa moi especial que se celebra na nosa terra,  Galicia, sobre todo ao comezo de maio, para celebrar a chegada da primavera. Nesta festa, as persoas decoran figuras feitas con elementos naturais como flores, herbas, follas, e tamén con fiúncho e carrabouxos. Na nosa escola intentamos facelo coma eles, pedindo a colaboración das familias para traer os fiunchos, os pampillos, os ovos, entre moitas cousas. Aproveitando o bo tempo da ponte, as familias trouxeron moitas cousas para que lozan no noso Maio.

 

A estrutura do noso maio, ten forma de pirámide e o alumnado do sexto curso coa axuda da súa mestra titora Begoña, o profe Juan, o mestre Jesús, a profe Ana, o profe Rafa,  entre outros, cubrironno coas herbas e elementos naturais verdes.

Nas aulas dos outros cursos, fixeronse grilandas cos pampillos e flores aportados polas familias. O obxectivo é decorar o noso maio para que se vexa moi fermoso e alegre.

Unha vez montado o maio, cantamos entre tosos as   "coplas dos maios" e tamén desfilamos co maio polo patio da escola. 

 


 

 

 Celebrar os maios é unha maneira de manter vivas as tradicións culturais da nosa terra e tamén é unha oportunidade para ser creativos, traballar en equipo e divertirse moito!

Para rematar a festa, o alumnado do cuarto curso de primaria bailou o "Baile das Fitas" acompañados en directo polo profe Juan tocando a gaita acompañado por Luis Piñeiro, a profe Rebeca tocando o bombo, a profe Ana tocando a Pandeireta e a alumna Alexandra Estevez coas cunchas.


 

 


 

 

Todos eles acompañaronnos con música en directo mentres faciamos o crebacabeas cooperativo de Luisa Villalta e contamos o Himno Galego..




Ningún comentario:

Publicar un comentario