HOXE , NA AULA DE 4 ANOS, RECIBIMOS POR SEGUNDA VEZ A VISITA DE ROMINA, QUE VEN DE PARTE DO DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO, PARA EXPLICARNOS MEDIANTE XOGOS E CONTOS UNHAS COUSAS QUE SON MOI INTERESANTES: QUE NON OLVIDEMOS QUE HOMES E MULLERES PODEMOS FACER AS MESMAS COUSAS E Q UE TODAS AS PERSOAS DA FAMILIA TEMOS QUE COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA.
ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN.
COLABORAMOS PARA PEGAR AS FIGURAS NO PANEL.
PODEMOS AXUDAR A RECOLLER A NOSA HABITACIÓN.
TAMÉN PODEMOS COLABORAR POÑENDO OS CUBERTOS NA MESA.
OUTRA FORMA DE COLABORACIÓN É RECOLLER OS NOSOS XOGUETES.
AXUDAMOS A GARDAR A COMPRA.
DEIXAMOS LIMPO O BAÑO.
LEVAMOS A ROUPA SUCIA AO SEU SITIO.
ASÍ, MAMÁ E PAPÁ TERÁN MÁIS TEMPO PARA ELES.
E MÁIS TEMPO PARA LEVARNOS AO PARQUE E PARA PASEAR.
E PARA SENTARNOS NO SOFÁ E VER A TELE CON PAPÁ E MAMÁ, OU QUE NOS LEAN UN CONTO.SI EU FGAGO ALGO, MAMÁ E PAPÁ SE CANSARÁN MENOS
E, SI TEMOS MASCOTA, TAMÑEN HAI QUE AXUDAR A SACALA A FACER AS SÚAS NECESIDADES.
GUSTOUNOS MOITO APRENDRE A COLABORAR NA CASA E AXUDAR Á FAMILIA.
PROMETEMOS COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA!!
PARA REMATAR, CONTOUNOS A HISTORIA DA FAMILIA GÓMEZ BASADO NO CONTO "O LIBRO DOS PORCOS" , DE ANTHONY BROWNE..
Altamente recomendable para iniciar aos lectores
nunha educación baseada na igualdade, na
colaboración e no concepto de familia. O autor válese
dunha sinxela metáfora visual para explicar o seu
obxectivo: no momento no que o aseo e as normas
do fogar se descoidan, os protagonistas son
representados non como persoas, senón como
cochos. A figura do porco permite así reflexionar
sobre os diferentes significados -literais ou figuradosdesta palabra tan simbólica: ser porco ou
comportarse como tal.
ANTHONY BROWNE
ESTIVEMOS MOI ATENTOS.
View more PowerPoint from bibliobeade
Ningún comentario:
Publicar un comentario