PAGINA

mércores, 30 de outubro de 2024

MICRORRELATOS DE MEDO

Esta foi unha semana terrorífica. Na escola apareceron bruxas, demos, morcegos, esqueletos,...

Preme na seguinte ligazón para ver todas as imaxes do evento.

 Na biblioteca gozamos dunha fermosa exposición de libros de Samaín, en plástica debuxamos cabazas, na casa baleiramos e creamos orixinais, terroríficas e imaxinativas cabazas e no tempo de lecer grabamos esconxuros de medo.

Unha festa tradicional que nos gusta moito e na que gozamos de actividades conxuntas con outros nenos e nenas da escola. Nesta festa final, viñemos disfrazados e pintados, tiramos fotos, e logo de descubrir os gañadores do concurso de microrrelatos, a rapazada o quinto e sexto curso de primaria deron un terrorífico concerto. 

 


 Xa nos tarda a vindeira festa, o Magosto!

venres, 25 de outubro de 2024

24 DE OUTONO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

Hoxe, ás 12 da mañá, todos os nenos e nenas, mestres e mestras, xuntámonos no patio de Educación infantil para conmemorar esta data tan importante para a biblioteca.
Alumnado voluntario do sexto curso de primaria levou a cabo unha pequena representación teatral  titulada "Recortes"
O resto do alumnado gozou moito con esta pequena actuación. Picolindo animou a festa e fixo a entrega das mochilas viaxeiras de aula, carnets para os novos usuarios e presentou aos colaboradores da bibliteca mailos participantes dos clubs de lectura.



 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

A biblioteca da nosa escola está ao servizo de tódala comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Abre todas as tardes de 4 a 6, agás os martes. Papá, mamá, avoa,... animaste a abrirla ese día?.
Pola biblioteca pasan todas as nenas e todos os nenos da escola. 
Aquí tedes a guía de uso:


 

 

xoves, 10 de outubro de 2024

VII CONCURSO MICRORRELATOS DE MEDO E DE MISTERIO

Xa estamos no outono e a primeira festa do ano xa se achega: O Samaín! Como todos os anos, convocamos ao alumnado e ás súas familias para que participen no CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO, que este ano fai a súa sétima edición.


As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 

Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.

Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 

Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!

NORMAS para os relatos: 

1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 

2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 

3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 

4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video. 

5- Tedes que envialos por unha destas canles: 

· E mail: juanlf@colexiorocio.com 

· WhatsApp da nosa escola 658715569 

· Traer á escola nun Pen drive 

6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 28 de outubro ás 23:59h. 


Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN

-A corrección idiomática 

-A participación do alumnado 

-A entonación e interpretación

-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

-Os efectos especiais


O mércores 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos gañadores das diferentes categorías do concurso. 

 

venres, 4 de outubro de 2024

A DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA VISITA A NOSA ESCOLA

 Hoxe foi un día moi especial, Judit Fernández, Directora Xeral de Ordenación e innovación educativa visitou a nosa escola para a presentación oficial do programa de Biblioteca creativa, ao que pertencemos dende hai xa moitos cursos. Esta iniciativa busca a iniciación do alumnado no pensamento computacional a través de actividades manipulativas, entre outras, introducindo un espacio de creación e experimentación. O traballo en equipo é primordial.

 Aproveitou para coñecer os nosos proxectos, compartindo unha sesión de traballo na aula Steam, e comprobar como a rapazada domina o traballo cos MAKEY-MAKEY mailo programa de programación SCRATCH.

 

Desenvolvimos uns obradoiros moi divertidos e deunos os parabéns.


 

Tiramos unha foto xuntos e aproveitou para coñecer as nosas instalacións.

Grazas!