Estes exercicios están orientados a suavizar o segmento dorsal da columna e fortalecer os músculos extensores das costas e a musculatura da omóplata.
1) Boca abaixo, os brazos estendidos á altura dos ombreiros e a fronte sobre o chan. Levantar a cabeza, os brazos e a parte alta do busto.
Repetir 10 veces.
2) Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar alternativamente os brazos sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
3)Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar os dous brazos á vez sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
4) A gatiñas, levantar o brazo e movelo en círculo de adiante cara atrás seguindo o percorrido do brazo coa mirada, ao final do percorrido cambiar o sentido. Repetir 10 veces con ambos brazos.1) Boca abaixo, os brazos estendidos á altura dos ombreiros e a fronte sobre o chan. Levantar a cabeza, os brazos e a parte alta do busto.
Repetir 10 veces.
2) Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar alternativamente os brazos sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
3)Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar os dous brazos á vez sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
5) Sentado, as mans xuntas detrás da cabeza e os pés separados uns 50 cm. Inclinar o busto en lateral cara á esquerda e despois cara á dereita co lombo recto. Repetir 10 veces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario