luns, 17 de novembro de 2014

MAGOSTO 2014

  Coa  chegada do outono, chega o tempo de celebracións tan tradicionais coma o MAGOSTO. O pasado martes día 11, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos na escola esta festa tan tradicional. Ornamentada a escola para a ocasión, coa colaboración das familias celebramos unha festa que estivo presidida pola nosa castañeira.


Xunto ás castañas asadas que o noso porteiro Quique, xunto coas familias prepararon no centro para a ocasión, sumáronse ao programa   desta festa unha morea de obradoiros polo que pasaron tódalas aulas. Puideron xogar aos trompos, á culler-castaña, carreiras de zancos, tragacastañas con fisgas, camiño de castañas e incluso un karaoke.

E a choiva cesou. Despois de facer estes obradoiros nos corredores da escola, pasamos a gozar do magosto no patio, xa que o sol decidiu sumarse a esta festa tan " marabillosa".


2 comentarios:

  1. Que ben o pasamos ¡¡¡¡¡ As castañas boísimas

    ResponderEliminar
  2. TRISTÁN CASTRO MARTÍNEZ 4º7 de decembro de 2015, 16:55

    Foi moi guai o magosto, quero que chegue o seguinte!

    ResponderEliminar