Na aula Steam, traballando co programa Tinkercad, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria deseña medallas e trofeos para os agasallos dos mellores lectores da biblioteca da escola. Entre todos os deseños elexiremos democráticamente os seleccionados para os premios do presente curso.
O procedemento foi o que segue:
- Nunha folla con cadros, fixeron o deseño do obxecto a imprimir. Primeiro bocetan a medalla, o trofeo, o chaveiro,...
- A continuación fan o deseño no programa tinkercad. Os seus deseños son todos preciosos. Hai rapaces que lle poñen colores ás distintas partes do deseño sabendo que na escola so podemos imprimir a unha cor.
- Unha vez elaborado o deseño, exportamos a imaxe a formato .stl, o metemos nun pendrive e llo facilitamos á profe, quen ao longo da semana fai as impresións. Os deseños dos rapaces, leva moito tempo facelos, e a impresora 3d é moi caprichosa, tendendo a atascarse, québrase o filamento, atáscase a boquilla, pero, os deseños acaban impresos.
- Unha vez imprimidos, coa axuda da tablet, facemos unha fotografía ao noso obxecto cun fondo neutro, a exportamos á galería da profe, para que nola imprima.
- Por último, completamos a planilla.
-
Ningún comentario:
Publicar un comentario