mércores, 14 de xuño de 2017

A XESTEIRA

Os alumnos e alumnas do sexto curso de primaria non sabemos se serán capaces de coller hoxe o sono perante o gran día que lles espera mañá, a ansiada excursión de despedida da escola, no centro Multiaventura de a Xesteira no Concello de A Lama.
Os nosos alumnos irán acompañados polo seu mestre titor, a xefa de estudos e a mestra de música.
As súas experiencias serán marabillosas!.


Grazas Juan, Ana e Cris, pola vosa predisposición altruista de acompañamento e por facer posible esta saída.

1 comentario:

  1. Siiii!!!!! Grazas aos profes que os acompañan e grazas polas fotos que estades a enviar para poder ver o ben que o están pasando.
    Van disfrutar moito e vai ser unha experiencia que non van a esquecer na vida.
    Grazas a todos os que o facedes posible!

    ResponderEliminar