Dende o centro, queremos informar
a toda a comunidade educativa, do proceso de cambio de nome do mesmo.
Como ben sabedes, levamos xa un
tempo con este trámite. Chegados xa ao derradeiro paso, o Concello anímanos a
recuperar a toponimia tradicional da zona; polo que propón que repensemos o
nome e tomemos unha decisión definitiva.
Os órganos competentes do centro;
CONSELLO ESCOLAR e CLAUSTRO, informados
da proposta do Concello, deciden tomala en consideración e apostar
maioritariamente por ela.
Así pois, queda decidido,
recuperar a toponimia tradicional e oficial e renomear o noso centro como:
CEIP O RESÍO
Supoñemos que o cambio
agradaravos tanto coma a nós. Enseguida nos afaremos a el.
Sentímonos satisfeitos por poñer en valor a nosa lingua e os nosos
costumes e cultura e esta decisión, é un pasiño máis nese camiño.
Me gusta!
ResponderEliminar