Picolindo, a mascota da nosa biblioteca, quere presentarnos a uns amigos, que xa levan días nas aulas da escola. Estes catro amiguiños acompañarannos e guiarannos ao longo do tempo para que sexamos quen de levar a cabo a difícil tarefa de traballar cooperativamente.
O debuxante vigués, Jacobo Fernández Serrano, concedeunos a honra de debuxar para nós os distintos roles da aprendizaxe cooperativa con personaxes das súas bandas deseñadas:
- PORTAVOZ
- SECRETARIO
- AXUDANTE
- COORDINADOR
Dende o pasado curso escolar, a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas
aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e
mestres. A finais do curso 2015/2016 decidimos participar nun proxecto de formación en centros para a implantación da Aprendizaxe Cooperativa nas aulas, porque nos parecía un instrumento ideal para lograr a inclusión e a
cohesión social, e permitíanos o desenvolvemento de estratexias de atención á
diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas
no alumnado. O profesorado pensa que os contidos traballados con esta metodoloxía
afianzanse máis.
En resumo podemos decir que nas aulas do Rocío, o traballo cooperativo forma
parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe
eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de
desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr
obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan persoas capaces de cooperar e de
establecer boas relacións humanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario