luns, 30 de setembro de 2013

GALICIA 3 6 5

Comezado o curso escolar, é o momento de traballar no noso tema anual GALICIA 3 6 5.
Imos a comezar escoitando o noso himno


  Agora traballaremos co LIM "Os símbolos de Galicia" de Xosé Antón Vicente . Imos aprender algo da nosa cultura e dos nosos símbolos: a bandeira, o himno ,...
Somos galegos e temos que coñecer as bases do noso pobo.
Temos que darlle  as   grazas ao profesor  Xosé Antón Vicente Rodríguez do CEIP O Piñeiriño pola elaboración deste material.
Pincha na imaxe  e comeza a culturizarte:



  Continuamos a coñecer cousas co  LIM "Miña terra galega", de Nacho Castro.

 

luns, 2 de setembro de 2013

COMEZO CURSO ESCOLAR 2013/2014.

Hoxe, mércores 11 de setembro comezaron as clases coma sempre ás 9:00 da mañá, que é a nosa hora de entrada no cole. Comezamos cunha breve inauguración de benvida na pista polideportiva aproveitando o bo tempo. Logo, cada titor/@ acompañou ao seus alumn@s ás aulas e gozamos co reencontro na aula. 
E agorá é preciso un recordatorio:

DENDE HOXE,coa excepción dos nen@s de 4º de educación infantil, as clases comezarán con

HORARIO COMPLETO
e os servizos de 
COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR 

As actividades extraescolares comenzarán en outubro.

CALENDARIO LECTIVO 






 CALENDARIO LECTIVO

CURSO ACADÉMICO: actividades lectivas
- Comezo do curso: 11 de SETEMBRO de 2013.
- Remate do curso: 20 de XUÑO de 2014.

 VACACIÓNS
- Nadal: dende o 22 de DECEMBRO ata o 8 de XANEIRO, ambos os dous inclusive.
- Entroido:3, 4, e 5 de MARZO.
- Semana Santa: dende o 14 de ABRIL ata o 21 de ABRIL, ambos os dous inclusive.

DÍAS NON LECTIVOS, serán as festas de ámbito estatal e,

- Día do Ensino: 31 de OUTUBRO.
- Día da Reconquista: 28 de MARZO.
- Días non lectivos do centro: acordarase cos centros adscritos e da zona.

CONMEMORACIÓNS,

 – 25 de novembro de 2013: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 1 ao 11 de decembro de 2013: conmemoración da Constitución e do Estatuto
de autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2013: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 30 de xaneiro de 2014: Día da Paz.
– 8 de marzo de 2014: Día Internacional da Muller Traballadora.
– 15 de marzo de 2014: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 10 ao 14 de marzo de 2014: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase
na aula con xornais.

– Entre o 11 e o 30 de abril de 2014: Día do libro.
– 7 de abril de 2014: Día Mundial da Saúde.
– 9 de maio de 2014: Día de Europa.
– Do 8 ao 17 de maio de 2014: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2014: Día Mundial do Ambiente.



Poderedes consultar a Orde do 24 de maio de 2013 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.  , premendo na seguinte ligazón.

domingo, 7 de xullo de 2013

CONCURSO DE PESCA INFANTÍL EN BOUZAS.

COMO XA SABEDES DENTRO DE MOI POUQUIÑO  SERÁN AS"FESTAS DE BOUZAS"E NELA SE FAN MULTITUDE  DE ACTOS ,UN DELES É O"CONCURSO DE PESCA INFANTÍL".
SE QUEREDES PODEDES PARTICIPAR E ADEMÁIS PODEDES LEVAR A ALGÚN ADULTO PARA QUE VOS AXUDE.SERÁ SUPERDIVERTIDO.
PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN E INSCRIBIRSE,PREMEDE NO CARTAZ DO CERTAME.
E PENSA...QUE NON DEBEMOS COLLER PEIXES MÁIS PEQUENOS DUNHA LATA DE REFRESCO.CON MOITO COIDADIÑO QUITARÉMOSLLE O ANZÓ E DEVOLVERÉMOLO AO MAR.

mércores, 26 de xuño de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. EDUCACIÓN PRIMARIA.

 O curso escolar que remata, tivo unha actividade final para o alumnado de Educación Primaria que consistiu nunha saída de todo o día á MUIÑADA DE BAROSA

Ao longo da mañá realizamos diversos talleres e despois de xantar fixemos unha pequena ruta polos sendeiros próximos. Esta experiencia gustoulle moito aos rapaces.

luns, 24 de xuño de 2013

FESTAS FIN DE CURSO DOS NEN@S DE 3 ANOS E GRADUACIÓN DOS NEN@S DE 6º ED. PRIMARIA.

SE QUEREDES VER AS FOTOS DOS ALUMN@S E EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ NAS FESTAS FIN DE CURSO,PREMEDE NA IMAXE-MOTION.
PODEDES DESCARGALAS NO VOSO ORDENADOR E GARDAR ESTE BONITO RECORDO PARA SEMPRE.
MOITAS FELICIDADES AOS GRADUADOS DE 6º DE ED. INFANTÍL E 6º DE ED. PRIMARIA!

domingo, 16 de xuño de 2013

PORTAL DAS PALABRAS


  http://portaldaspalabras.org/




 Deixo aquí unha nova e interesante ferramenta da que podedes facer uso premendo na imaxe.
Podedes acceder dende o blogue de  
Dinamización lingüística
A voz do Resío

Se aínda non o coñecedes, xa vai sendo hora...É moi interesante!
                                                                                                                                                         


 

venres, 14 de xuño de 2013

Fotos Excursión de 6º

Aquí vos quedan algunhas fotos da excursión de fin de curso que fixeron os rapaces de 6º ao campamento de Xesteira, na Lama. Fixemos moitas actividades: escalada, tirolinas, circuitos de habilidade, obradoiros de carpintería e natureza, sendeirismo... Tamén nos acompañaron os rapaces do CEIP Celso Emilio Ferreiro, e coñecemos a algúns dos que serán os nosos compañeiros o próximo curso no instituto.

Os tres días de excursión pasaron voando. Parecía que o tempo non ía acompañar, pero o segundo día saiu o sol e puidemos facer todas estas cousas. Pasámolo moi ben.

Na próxima entrega de fotos, mostraremos o ben que nos sae o baile do Checheché chébere chébere.



luns, 10 de xuño de 2013

CONFERENCIA DA PROFE MARICRUZ,PARA TOD@S,EN BOUZAS.

GRAZAS AO ATENEO-VILA DE BOUZAS,POLA DIFUSIÓN DO NOSO TRABALLO E POLO ACHEGAMENTO DA CULTURA AOS BOUCENSES.
ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!

venres, 7 de xuño de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO.

OS NEN@S DE 4º DE ED. INF.FIXEMOS UNHA EMOCIONANTE VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO .SE QUEREDES MIRAR O QUE APRENDIMOS E O SEU FERMOSO ACUARIO,PREMEDE NA FOTO DESTES VERDADEIROS MARIÑEIROS.
ADEMÁIS VISITAMOS UN POBOADO OESTRYMNIO QUE ESTÁ TAMÉN SITUADO ALÍ.
XA SABEDES QUE NÓS SOMOS EXPERTOS EN"OS PRIMEIROS HABITANTES DE BOUZAS",SE QUEREDES MIRAR A NOSA CONFERENCIA E APRENDER CÓMO XURDÍU O NOSO BARRIO "BOUZAS",PREMEDE NA FOTO QUE NOS FIXEMOS NO POBOADO.
FOI ESPECTACULAR!
NON PUIDEMOS TER MELLOR COLOFÓN  PARA O NOSO PROXECTO DE AULA
E PARA O PROXECTO DE CENTRO"BOUZAS".

COÑECENDO BOUZAS: TERCEIRA SEMANA. OS SERVIZOS DE BOUZAS.

Como todo o bo remata, chega a terceira e definitiva semana do xogo de coñecemento do barrio da nosa escola. Animádevos!!!!.

martes, 4 de xuño de 2013

A ESCOLA PÚBLICA- Difunde o teu sentir!!

O alumnado de 5º de Primaria da nosa escola elaborou no curso 2012-2013 este vídeo no que expresan que é para eles a ESCOLA PÚBLICA. As conclusións expresadas e as gravacións son obra exclusiva do propio alumnado. Se queres apoiar o ensino publico, INFÓRMATE e preme aquí

ESCOLA PÚBLICA PARA TODOS

I Encontro de Balonmán Pais/Nais vs Nenos/as

O pasado sábado 1 de xuño, como remate desta temporada, os nenos e nenas da actividade de balonmán disputamos un partido contra un equipo de pais/nais . Foi un partido moi igualado, de feito houbo que xogar a prórroga para proclamar un campión. Finalmente, gañaron os pais e nais, pola mínima, pero temos fortes sospeitas de que o árbitro estaba comprado.  O  certo é que o resultado era o de menos, pasámolo moi ben xogando todos xuntos, e seguro que o ano que vén gañan os rapaces.

xoves, 30 de maio de 2013

A ECOPATRULLA AXÚDANOS A COIDAR A AUGA EN GALICIA.

A FUNDACIÓN MAPFRE, AXÚDALLE AOS NENOS A COIDAR A AUGA.
AFORRAR AUGA E EVITAR A CONTAMINACIÓN ERAN OS CONTIDOS PRINCIPAIS.
UNHA ACTIVIDADE ESTUPENDA QUE FIXO GOZAR AO ALUMNADO DE 3º, 4º E 5º DE E.P.

luns, 27 de maio de 2013

VI Torneo de Balonmán na rúa

O domingo 26 a escola de balonmán do Rocío participou no VI Torneo de Balonmán na rúa organizado pola Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra.

Pasámolo moi ben, xogamos moitos partidos e levamos unha medalla cada un.