xoves, 8 de febreiro de 2024

O MECO MANDA, XOVES 8

 


CLUB DE LECTURA: A BOTELLA DE LENTELLAS e o OBRADOIRO DE ORELLAS

 Onte, no club de Lectura de " A botella de Lentellas" de Ledicia Barbadillo, editado por Xerais, cociñamos orellas de Entroido. Ao igual que o noso protagonista, inventamos as historias que as nosas orellas escoitaron. Foi unha tarde moi divertida.


 

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 O Club de Lectura de nais e profes tiveMos a nosa primeira quedada para falar das nosas impresións sobre o libro de Pedro Feijóo "Ninguén contará a verdade" da Editorial Xerais. Que sorpresa cando o mesmiño Pedro se uniu a nós por videochamada.


 

luns, 5 de febreiro de 2024

O MECO MANDA, LUNS 5

 


OBRADOIRO DE COCIÑA: FILLOAS

 Hoxe tivo lugar un obradoiro de cociña no sexto curso de primaria: Filloas.

Aproveitouse para traballar, en equipo, a roda dos alimentos, etiquetas nutricionais, data de caducidade e etiquetado dos envases.

Creamos a nosa marca de filloas e deseñamos o seu envase para comercializalas; aprpveitamos os coñecementos adquiridos en xeometría, xa que os envases son volumes xeométricos! 











 

sábado, 3 de febreiro de 2024

O MECO MANDA, VENRES 2

 


PICOLINDO PIDE A NOSA AXUDA

 

 

Bo día, familias!. 

Onte , 2 de febreiro foi o día da Candelaria, día no que, segundo a tradición, casan os paxaros. Nos últimos anos están nacendo moitas menos aves, din que porque cada vez está máis difícil atopar vivenda: hai poucas, os prezos están polas nubes... Por iso pensei que como estamos a traballar co tema "Un planeta cheo de vida" podemos facer algo para paliar este problema coa vivenda.

Propóñovos que, en famiiia, construades unha casa para paxaros e a coloquedes nunha árbore ou lugar seguro (na vosa casa, no monte, nun parque...) e nos enviedes unha foto ao móbil da escola (658715569). Con todas faremos unha exposición ben xeitosa.   
Nun par de meses poderemos comprobar se a nosa idea tivo éxito.
Repoboemos todos xuntos o mundo con paxaros.
Ánimo e moitas grazas por axudarme a coidar das miñas curmáns as aves.
Un bico do voso amigo Picolindo




venres, 2 de febreiro de 2024

VISITA AO HUMEDAL DA BOUZA

 

Hoxe, Día Mundial dos Humedais, o alumnado do 4°, 5° e 6° cursos de primaria, visitou o humedal da Bouza, un dos varios que temos en Vigo.
Acompañado de monitores, o alumnado, descubríu a importancia de manter os humedais e toda a biodiversidade que neles se atopa. Estudamos as características deste humidal, coñecemos a súa fauna e flora, as especies invasoras que a ameazan e fixemos outras actividades, como un rastrexo e observación de aves.
Esta actividade foi organizada polo Concello de Vigo.


 
 

PROGRAMA ENTROIDO 2024






 

xoves, 1 de febreiro de 2024

QUEN SERÁ?

 Algo pasa, que estarán artellando estes rapaces e rapazas do sexto curso?. Hoxe a aula estaba chea de xornais e bolsas de lixo. 




Mans a obra, empezaron a facer bolas e bolas de xornal, encheron as bolsas, e de repente, dunha caixa, con cinta de carrocero, pinturas, paletinas e moita imaxinación, apareceu...

 

 Quen será? Efectivamente, é o meco, o MECO EXPLORADOR. A cativada sabe que os mandadiños están a chegar.