Bo día, familias!.
Onte , 2 de febreiro foi o día da Candelaria, día no que, segundo a tradición, casan os paxaros. Nos últimos anos están nacendo moitas menos aves, din que porque cada vez está máis difícil atopar vivenda: hai poucas, os prezos están polas nubes... Por iso pensei que como estamos a traballar co tema "Un planeta cheo de vida" podemos facer algo para paliar este problema coa vivenda.
Propóñovos que, en famiiia, construades unha casa para paxaros e a coloquedes nunha árbore ou lugar seguro (na vosa casa, no monte, nun parque...) e nos enviedes unha foto ao móbil da escola (658715569). Con todas faremos unha exposición ben xeitosa.
Nun par de meses poderemos comprobar se a nosa idea tivo éxito.
Repoboemos todos xuntos o mundo con paxaros.
Ánimo e moitas grazas por axudarme a coidar das miñas curmáns as aves.
Un bico do voso amigo Picolindo
Ningún comentario:
Publicar un comentario