martes, 11 de febreiro de 2025

A GAIVOTA E O PARDAL

 Agora que xa os coñecemos un pouquiño máis imos comparalos. Canto sabemos?




 

domingo, 9 de febreiro de 2025

CREACIÓN DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS EN MAQUETAS

 

EXPLORANDO A ELECTRICIDADE

Nesta actividade da materia de ciencias naturais, o alumnado de sexto curso explorou o funcionamento dos circuítos eléctricos e a súa aplicación en maquetas, combinando teoría e práctica para comprender a utilidade da electricidade no día a día.

Para comezar, na aula, os estudantes experimentaron coa creación de circuítos pechados, empregando pilas grandes, bombillas e diversos elementos complementarios como hélices para ventiladores e muiños. Este proceso permitiulles observar como a enerxía eléctrica circula e activa distintos mecanismos, reforzando conceptos clave sobre condutores, illantes e o uso responsable da electricidade.

A actividade completouse cun proxecto de creación de maquetas na casa, coa colaboración das familias. Aplicando os coñecementos adquiridos, cada alumno deseñou e construíu unha maqueta funcional, integrando elementos eléctricos para ilustrar diferentes aplicacións prácticas. Esta fase permitiu fortalecer a aprendizaxe mediante a experimentación e fomentou a implicación das familias no proceso educativo, creando un ambiente de aprendizaxe compartida.

Finalmente, as maquetas foron presentadas na aula diante dos compañeiros, promovendo a expresión oral e a capacidade de comunicar ideas de forma clara e estruturada. Este momento de exposición axudou aos alumnos a perder o medo escénico, reforzando a súa autoconfianza e capacidade de síntese. Explicar o seu propio traballo permitiulles desenvolver habilidades fundamentais como a argumentación, a oratoria e a comunicación efectiva, aspectos esenciais en calquera ámbito da vida.

 

 

A través desta actividade, non só adquiriron coñecementos sobre electricidade, senón que tamén potenciaron competencias transversais como a creatividade, o traballo en equipo e a expresión oral. A aprendizaxe converteuse nun proceso dinámico e participativo, onde cada estudante puido sentirse protagonista do seu propio desenvolvemento.

 

mércores, 5 de febreiro de 2025

MARCAPÁXINAS PARA CELEBRAR O RETO CONSEGUIDO.

 Só podemos deixar as imaxes dos fermosos marcapáxinas creados!

Non hai mellor inspiración que as fermosas vivencias do noso Reto. 

Grazas! 






 

luns, 3 de febreiro de 2025

ÉXITO ROTUNDO! GRAZAS FAMILIAS!


Hoxe colocamos os 107 niños recibidos na escola nas últimas dúas semanas, feitos por vós. Acompañounos o sol, os pais, as nais, os avós, as avoas e mailos veciños. 

Contamos tamén cun grupo moi importante de profesorado e alumnado do Centro de Educación Especial San Rafael, que non so contribuiron con aportación de niños, senón que viñeron ata a Avenida de Castelao coas súas escaleiras para colocar con nós moitas casiñas de aniñamento para paxaros.


Comezou un acto coa lectura dun manifesto, no que contamos o fachendosos que estamos por ter acadado o reto e por pertencer a esta comunidade educativa.


 

Continuou o acto coa canción "Paxariños a voar", co que celebramos o Día da Paz, na escola deste xeito tan especial.


 

Para finalizar, colocamos de xeito colaborativo todas as casiñas de aniñamento. 

Estade atent@s, sairemos na prensa escrita e na televisión.


 

 

A Avenida de Castelao vista polo alumnado


domingo, 2 de febreiro de 2025

A PARTIR DA CANDELORIA, NINGUNHA AVE VOA SOA

 Hoxe, 2 de febreiro, celebrase a FESTA DA CANDELORIA, e como dí o refrán:

" A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa", 

nesta data casan os paxariños, retornan as aves migratorias e os cortexos nas aves nos indican a vindeira chegada da primaveira.

Por este motivo, na nosa escola, propuxemos o Reto de conseguir 100 casiñas de aniñamento para facilitar o emparellamento dos paxaros, e mañá, luns día 3, ás 12h,  colocaremolos na Avenida de Castelao, xunto enfronte do Pabillón Municipal, lugar onde nos concedeu permiso o Concello.


 



CREACIÓN DE TEATRILLOS E TÍTERES NA AULA DE PLÁSTICA

 Actividade de creación de teatrillos e títeres na aula de plástica

Nesta actividade, o alumnado participou nun proxecto creativo e colaborativo na aula de plástica, promovendo o traballo en equipo e o desenvolvemento das habilidades manuais.

Para comezar, cada equipo escolleu unha caixa de cartón sen coñecer previamente a súa finalidade. Unha vez repartidas as caixas, explicouse que debían transformalas en teatrillos para guiñol. Para iso, tiveron á súa disposición diferentes materiais, como pistolas de silicona, cola, pegamento en barra, pinturas variadas, Poscas, rotuladores permanentes, témperas, pinceis, botóns, teas e outros elementos de refugallo. O obxectivo era fomentar a creatividade e a reutilización de materiais, reforzando a idea da economía circular (ODS 12: Producción e Consumo Responsable).


 


Unha vez construídos os teatrillos, cada alumno creou o seu propio títere empregando fieltro, fío, agulla e outros materiais de manualidades. Este proceso permitiu traballar destrezas motoras finas e potenciar a imaxinación.

 




 

Finalmente, en grupos cooperativos, escribiron un pequeno texto para representar unha historia na aula STEAM. Durante este proceso, empregaron tabletas e programas de edición dixital para mellorar a calidade da gravación e incorporar efectos que enriqueceron a representación. O uso destas ferramentas favoreceu a aprendizaxe tecnolóxica e fomentou unha utilización responsable dos recursos dixitais, vinculando a actividade ao ODS 4 (Educación de Calidade) e ao ODS 9 (Industria, Innovación e Infraestrutura).

 

Ademais de estimular a creatividade e o traballo en equipo, esta actividade contribúe á consecución do ODS 4 (Educación de Calidade), fomentando a aprendizaxe activa e inclusiva, e do ODS 11 (Cidades e Comunidades Sustentables), ao integrar o concepto de reutilización de materiais e conciencia ecolóxica.

A gravación final permitiu que tanto o alumnado como as familias desfrutasen do resultado.

venres, 31 de xaneiro de 2025

RETO CONSEGUIDO!!!

 



PROVOCACIÓN DE INVERNO


Os/as nenos/as de 5° de E.I gozamos moitísimo con esta provocación de inverno, onde descubrimos o efecto que provoca a agua quente sobre o frío xeo. 

 

 





 Conseguimos liberar todos os animais!

xoves, 30 de xaneiro de 2025

RETO 100 NIÑOS PARA PAXARIÑOS: GRAZAS, IMOS CAMIÑO DE CONSEGUILO!

 Acadaremos o reto?

Grazas familias!

 

Grazas CEE San Rafael! 



Grazas Monte Vivo! 


Grazas CFR!







Quedan 3 días!

 

mércores, 29 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON PAULA CARBALLEIRA

Hoxe, na escola tivemos a sorte de contar con Paula Carballeira para realizar un obradoiro de teatro radiofónico, unha experiencia única onde o alumnado explorou a creación e representación de historias a través da voz e os efectos sonoros.

Que é iso de radioteatro? RADIOTEATRO  é un contido teatral ou fantástico emitido por radio. Isto foi o que fixeron os alumnos e alumnas do cuarto e quinto cursos de primaria, coa inestimable axuda da gran Paula Carballeira.

 Este obradoiro permitiulles desenvolver a creatividade, mellorar a expresión oral e gozar do teatro dunha forma diferente e divertida.

Agradecemos a Paula Carballeira por compartir connosco o seu talento e paixón polo teatro e a narración oral.  Ela ten unha gran capacidade para contar historias e transmitir emocións a través da palabra falada e escrita.

Próximamente nas ondas de Radio Resío! 


 

DANIEL NOVOA, COA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

 

Esta tarde tivemos a sorte de contar con Daniel Novoa nun faladoiro cos pais/nais do alumnado do centro. O faldoiro ( moi concurrido) versou sobre educación afectivo-emocional e sexual.
Resultou moi interesante e puidemos extraer aprendizaxes e conclusións realmente aplicables á relación cos nos@s fill@s e alumn@s.
 


Grazas a todas as familias que vos unistes, foi un pracer compartir este espazo de aprendizaxe e reflexión.

Agardámosvos na próxima  xornada para seguir gozando desta gran aventura. A vosa participación é clave para construir un futuro máis responsable e consciente.

Deixamos a continuación unhas pequenas recomendacións de lecturas emocionais e afectivo-sexuais das que dispomos na biblioteca da escola.