Como todos os anos, non queremos esquecer as nosas
tradicións,a orixe do noso Samaín e as celebracións de Santos e
Defuntos ,como festexaban os nosos antergos estas festividades,que
comían,que son os calacús…
Por iso, na escola sempre
fixemos unha degustación de doces típicos do Samaín e froitos do
outono,pero nestes dous derradeiros anos e por mor da
pandemia, tivemos que suspender esta actividade coas familias
e substituila por darvos receitas e consellos para facer na casa e
pasar un serán agradable elaborando algunha receita rica, cos
vosos fill@s.
Este ano, compartironse con vos as receitas de chulas de cabaza e de biscoito de cabaza da profe Maricruz.
Foron moitas as familias que gozaron da actividade e enviaron ás mestras as mostras gráficas da súa elaboración. A mediados de novembro farase unha
escolma de todas as producións e poderedes acceder a elas a través
da aula virtual de “Psicomúsica” da profe Maricruz.
Esta semana estivemos a traballar nas aulas a emoción do medo. O medo, é un sentimento que nos fai pensar que algo negativo pode acontecer, danos sensación de perigo,... Ante o medo non todos respondemos do mesmo xeito,... Podemos ter medo ás alturas, aos espazos pechados, a quedar sós,...
Aprender a identificar as emocións é moi importante para coñecernos mellor a nós mesmos.
Hoxe xogamos co medo.
Tiramos fotografías disfrazados.
Prendimos as cabazas.
Fixemos un desfile de Samaín.
Pasámolo, xenial!
Premede na ligazón para gozar coas imaxes do día de hoxe.
Aproveitaron esta saída para coñecer as murallas do castelo do Penso no O Castro, parque coas mellores vistas da nosa cidade. Este monte é onde se asentaron os primeiros poboadores. As vivendas castrexas, que datan dos séculos III e I a.C., achegaron ao alumnado á arqueoloxía.
Fixeron o traxecto a pé, o que lles custou un pouquiño pero descubriron, as enormes áncoras que lembran a Batalla de Rande.
Hoxe celebramos na escola o DÍA DAS BIBLIOTECASque como cada ano e dende o 1997, conmemorase o 24 de outono. A edición deste ano ten o lema:
“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”
quere indicar
que "as bibliotecas son espazos libres, diversos e abertos para o acceso
á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de
recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento
doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos".
As bibliotecas escolares son
unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos,
información e apoio.
Na escola, fixemos un acto ás 12.20h. Concentrámonos todos no patio de educación infantil, e Picolindo, a nosa mascota fixo entrega dos carnets de biblioteca ao novo alumnado, cun tríptico explicativo do funcionamento da mesma. Aos máis cativos lles entregou a carpeta de usuario e ás aulas entregoulles ás mochilas viaxeitas. Aproveitou a ocasión para amosarnos a nova MOCHILA VIGUESA, que levaremos nuns días para casa e nos amosou os materiais dos que disporemos.
Para rematar o acto, lembroulle á rapazada que a biblioteca está aberta todos os días, agás o martes, de 4 a 6 h. e lles amosou o contido da mesma na que atoparán moitas sorpresas.
Na seguinte ligazón poderedes acceder ás imaxes do evento.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.
Animamos a todas as familias a
participaren na nosa tradicional Exposición de cabazas de Samaín.
A partir do luns 25, podedes traer as vosas creacións terroríficas
feitas con cabazas, coas que espantaremos os malos espíritos da nosa
escola. Con elas faremos unha exposición no noso "túnel do terror".
Se nos fixestes nunca unha cabaza de Samaín, só tedes que seguir estas instrucións:
1-
Escolle unha cabaza segundo as túas preferencias: alongada, redonda,
grande, mediana... Recomendámosvos que non escollades unha cabza
demasiado grande nin pequena, pois son máis difíciles de traballar. Máis
que a súa forma, o importante é que comprobedes que non é demasiado
dura para traballar con ela.
2- Coa
axuda dun adulto, fai un burato pola parte superior da cabaza, (onde
está o rabo). Faino con coidado, para que poidas usar de tampa a parte
pola que furaches a cabaza. Ten que ser un burato suficientemente amplo
para poder obrar por dentro da cabaza con facilidade.
3-
Cunha culler grande, baleira o interior da cabaza (podes gardar as
sementes para a primavera). Ten conta de deixala ben limpa, pero con
coidado de non furar as paredes da cabaza.
4-
Fai o teu deseño cun lapis sobre a cabaza. Bótalle imaxinación!! Ponlle
ollos, nariz, un sorriso monstruoso...Tamén podes buscar modelos que te
inspiren en Internet.
5- Coa axuda dun adulto, vai facendo buratos sobre o deseño que fixeches en lapis na túa cabaza.
6- Podes complementala co que se che ocorra, para que a túa sexa a cabaza máis fashion de toda a exposición.
7- Trae á escola a túa cabaza cun papeliño no que figuren o teu nome e curso.
A TRABALLAR!!
O venres 29 deberedes levar de volta a vosa cabaza, para que vos acompañe ao longo da festividade do Samaín.
Este ano as familias volven ter a gran oportunidade de gañar o gran
premio que damos, pero non é tan faciliño e, hai que facer un
microrrelato que trate dunha historia de medo, ou tamén pode ser unha
historia de misterio. Recordade que a temática terá que ser o Samaín.
As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son:
- ALUMNO/A:
Aquí dentro encerraremos os relatos que estean feitos exclusivamente
polos monstros máis pequeniños que temos nesta escola, ¡os nenos e nenas
de todos os cursos!
- FAMILIAS: Esta vez encerraremos nesta categoría os relatos que estean feitos polos alumnos e tamén polos pais e nais.
NORMAS para os relatos:
1- Estes grandes e fabulosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio.
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio.
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video.
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles:
· E mail: juanlf@colexiorocio.com
· WhatsApp da nosa escola 658715569
· Traer á escola nun Pen drive
6- Non vos olvidedes de que o último momento no que se pode entregar é no día 25 de outubro ás 23:59h.
O
día 29 de outubro revelaremos a resposta da pregunta que toda a escola
estarase preguntando: quen gañou? cales foron os relatos finalistas?.
Os creadores dos microrrelatos gañadores levaranse ás súas casas uns premios realmente fantásticos, terribles e arrepiantes.
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo moito en conta os seguintes criterios:
O alumnado da escola leva inquedo dende que o pasado domingo día 19 de setembro, na isla de LA PALMA, erupcionou un volcán. As autoridades evacuaron a máis de 5000 persoas, pechou estradas polo paso da lava que leva unha velocidade de máis de 700 metros á hora.
Logo chegou o proceso de investigación: Que é un volcán?, cando entra en erupción?, cal é a forma dun volcán?, quen son os vulcanólogos?,...
Elaboramos un mural colaborativo,
Fixemos un experimento científico do volcán. Mezclamos vinagre, que é un ácido con bicarbonato sódico, que é unha base, produciuse dióxido de carbono, gas que provocou as burbullas que sairon polo cráter do volcán. Esta mezcla espumosa se expandiu, de xeito que saiu da botella.
Foi un experimento moi divertido, o que realizaron os rapaces de primeiro, segundo e terceiro curso de primaria.
Agora será a quenda dos maiores. Eles farán outro experimento con mentos e cocacola. Vos contaremos como foi a nosa experiencia.
Comezamos un novo curso aínda marcado
pola pandemia da COVID 19, mais agardamos que sexa menos restritivo que
o anterior; nel imos desenvolver unha temática anual chamada "Alén do
Resío", na que trataremos diversos aspectos que atinxen á nosa cidade.
O alumnado desenvolverá ao longo do
curso, investigacións sobre eses aspectos, que quedarán plasmadas nas
"Conferencias de expertos"
Coma sempre, contaremos coa rapazada, coas ganas de traballar do profesorado e coa inestimable participación das familias.
Este curso contamos con mestres de
nova incorporacióne dado que non podemos facer unha presentación formal
como vimos facendo dende sempre, faremos unha presentación virtual á que
damos paso á seguir.
Remata un curso ben difícil e faino cun sabor agridoce:
Doce porque estamos orgullos@s de todo o alumnado e das súas familias; porque fixeron que non fora tan difícil como pensabamos en setembro, cumprindo as normas anti covid dende o primeiro minuto e participando con ilusión en todas e cada unha das actividades que se lles propuxeron. Acedo porque se nos vai un piar fundamental da escola, a "profe" Cris.
Unha persoa optimista e próxima. Ela foi unha das persoas coas que compartimos o noso tempo e que nos axudou a medrar tanto a nivel persoal como profesional.
Será agora, cando comece o novo curso, cando nos deamos conta da súa ausencia e cando teremos que demostrar todo o que nos nutrimos con ela, toda a enerxía que nos transmitiu e como nos impregnou da súa actitude e motivación cara o traballo. Demostrounos que todos estamos en constante crecemento e aprendizaxe.
Con ela falabamos, riamos e traballabamos e nela confiabamos... será difícil atopar a alguén que cumpra todos e cada un dos requisitos que ela cumpría...
GRAZAS, CRIS! Goza da túa xubilación, tela merecida!
Hoxe é día de despedidas, o alumnado do sexto curso de infantil cambia de etapa e o do sexto curso de primaria, avanza ata o IES para cursar alí a secundaria.
Día emotivo que por mor da pandemia tivo que reducirse a un adulto por rapaz graduado e ao aire libre, cousa que non impediu gozar do evento.
Tamén foi o día do MERCADO DO LIBRO USADO, e tivo lugar o tradicional PASAPALABRA, no que tivemos dúas semifinais e unha dura final entre Uxía Comesaña e Xiana González, na que Xiana declarouse campioa.
Tamén aproveitouse o día para facer entrega dos agasallos aos mellores lectores e lectoras da escola.