Hoxe 31 de xullo, pechamos por vacacións!
Remata un curso ben difícil e faino cun sabor agridoce:
Doce porque estamos orgullos@s de todo o alumnado e das súas familias; porque fixeron que non fora tan difícil como pensabamos en setembro, cumprindo as normas anti covid dende o primeiro minuto e participando con ilusión en todas e cada unha das actividades que se lles propuxeron. Acedo porque se nos vai un piar fundamental da escola, a "profe" Cris.
Unha persoa optimista e próxima. Ela foi unha das persoas coas que compartimos o noso tempo e que nos axudou a medrar tanto a nivel persoal como profesional.
Será agora, cando comece o novo curso, cando nos deamos conta da súa ausencia e cando teremos que demostrar todo o que nos nutrimos con ela, toda a enerxía que nos transmitiu e como nos impregnou da súa actitude e motivación cara o traballo. Demostrounos que todos estamos en constante crecemento e aprendizaxe.
Con ela falabamos, riamos e traballabamos e nela confiabamos... será difícil atopar a alguén que cumpra todos e cada un dos requisitos que ela cumpría...
GRAZAS, CRIS! Goza da túa xubilación, tela merecida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario