Hoxe tivo lugar na escola o Festival de Nadal. Nenos , nenas, mestras e mestres nerviosos , con gañas de troula e poucas horas de sono, nais, pais, avoas e avós emocionados, expectantes sobre o que a escola estivo a preparar.
O primeiro, o carteiro real. Todos os alumnos e alumnas da escola pasaron a entregarlle a carta que con tanta ilusión prepararan. Agora toca esperar a que Os Reis Magos, Papá Noel ou o Apalpador cumpran todos os seus desexos.
A Secretaría Xeral da Igualdade e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa teñen a vontade de compartir coas escolas uns posters para que promovamos a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Pedimos que leades con atención os carteis desta campaña de XOGUETES PARA A IGUALDADE, pois...
OS XOGUETES NON TEÑEN SEXO.
Grazas familias por axudarnos a ensinar en igualdade!
Dende a escola sumámonos a tódalas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas que conduzan a eliminar a violencia de xénero dunha vez. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mulleres e reflexionar sobre o que representan.
Tiña razón Picolindo, a nosa mascota, cando dicía que nos iamos converter en científicas e científicos dispost@s a explorar, aprender e divertirnos.
O traballo en familia dá os seus froitos. Nenos e nenas están a enviar vídeos con xogos e actividades relacionados con algún aspecto científico.
Esta mochila que sae da escola os venres e regresa os xoves, permítenos observar, manipular e facer uso EN FAMILIA de tódolos materiais que leva. Parece que está a gustar.
Imos amosarvos algún dos vídeos que chegaron esta semana á escola.
Un marabilloso día de sol reinou hoxe na festa do Magosto. Rapaces, mestres, pais, nais, avós, avóas,. . gozaron dun día de xogo e diversión. Os xogos tradicionais, encantáronlle ao noso alumnado.
Unha fermosa castañeira acompañounos na festa.
Se queredes gozar das fotos do día de hoxe, so tedes que premer na imaxe.