Para combater a calor destos días de setembro, celebramos a festa da auga. Que ben nolo pasamos na eira da escola!
martes, 25 de setembro de 2018
venres, 21 de setembro de 2018
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Os nenos e nenas do quinto e sexto curso de primaria da escola participaron no
programa
"O Sabor dá Aventura está no Mar",
visitando o porto, a
lonxa e o mercado de Bueu.
Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.
Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.
Os nenos e nenas puideron coñecer como se descarga o peixe, máis concretamente o polbo, e como se poxa na lonxa. Deron unha volta polo
porto e aprenderon a distinguir os distintos tipos de
embarcacions. Ensinaronlles distintas artes de pesca, miraron traballar ás redeiras e por último visitaron o mercado onde tiveron un obradoiro de alimentación. Disfrutaron dunha merenda mariñeira.
xoves, 20 de setembro de 2018
O PRIMEIRO DÍA DE ESCOLA.
Parece que foi onte. Os nosos nenos e nenas estaban moi nerviosos no seu primeiro día de clase por todo o que estaba a acontecer. Xa pasou un tempo e moitas cousas aconteceron e outras moitas van pasar.
xoves, 6 de setembro de 2018
BO COMEZO DE CURSO!
Experiencia a conCIENCIA
Logo de algo máis de dous meses brincando, xogando e cantando... chegou o tempo de vir á escola.
Este curso será moi especial; é un ano no que a nosa escola está de aniversario. Adiviñades cantos anos fai? ; en breve volo diremos.
Este curso será moi especial; é un ano no que a nosa escola está de aniversario. Adiviñades cantos anos fai? ; en breve volo diremos.
Será un tempo de moitas experiencias polo que xa estamos a preparar para todos o primeiro día de escola.
venres, 22 de xuño de 2018
A MAXIA DA AUGA
Hoxe, remata o curso escolar 2017/2018, e como non, a esperada FESTA DA AUGA pode celebrarse grazas a boa climatoloxía. O alumnado chega á escola cunha mochila especial. Nela non hai libros, nin cadernos, nin estoxos. Traen toalla, crema solar, chanclas e bañador.
Queredes ver a nosa leira convertida nunha zona recreativa? Aquí vos mostramos os bancais rodeados de toallas de praia , nenos tomando o sol e unha mangueira que non para de mollar a aqueles que berran: auga, auga!
FELICES VACACIÓNS!
MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN 2018
Cos Pikeuros acadados grazas á participación nas distintas actividades propostas na escola tanto dende o equipo de biblioteca como dende o de dinamización lingüística, hoxe chegou o día de trocalos por libros.
Qué divertido é ir de compras!
xoves, 21 de xuño de 2018
PASAPALABRA 2018
Levamos
un curso completo no que se está a traballar co alumnado e co
profesorado o vocabulario temático do PDI da escola "Da eira á
capoeira". A actividade a PALABRA DO DÍA,
facilita o acceso ao vocabulario
temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre a agricultura, o solo,
os cultivos, as paisaxes, a gandaría, a transformación dos produtos, do agro e
das construción tradicionais entre outras cousas. Traballamos
moitas, tantas como días lectivos e logo de atender ás conferencias de
expertos, cubrir fichas, tomar notas, elaborar mapas mentais organizando os novos
coñecementos que logo foron sometidos en equipos mixtos de dúas clases ( 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º )
a un proceso eliminatorio chamado III
Olimpíada do Saber.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
EDLG,
O PROXECTO DE PICOLINDO
mércores, 20 de xuño de 2018
HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN
Para celebrar o fin de curso, o alumnado de educación primaria realizou unha saída didáctica a Allariz. Repartidos en tres autobuses, dividimonos ao chegar en catro grupos. Dous grupos foron ata O Rexo e os outros dous quedamos en Allariz para coñecer os museos do coiro e do xoguete. A media mañá,logo de tomar o petisco, intercambiamos as actividades.
Ás tres da tarde comiamos todos xuntos á beira do río.
Que ben se estaba!
Gozamos dun día magnífico de convivencia!
xoves, 14 de xuño de 2018
BOOKTUBERS DE XUÑO
Aquí o esperado booktubers do mes de xuño. Volvemos en setembro...
Animádevos a enviarnos recomendacións lectoras durante o verán ao móbil da escola. Lembrade que ten que facerse en galego. Subiremos as vosas recomendacións no mes de setembro.
Animádevos a enviarnos recomendacións lectoras durante o verán ao móbil da escola. Lembrade que ten que facerse en galego. Subiremos as vosas recomendacións no mes de setembro.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
BOOKTUBERS
venres, 8 de xuño de 2018
EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E XOGO
Ainda que non pareza certo, dende a aula de plástica levamos un par de meses preparando esta fermosa exposición. Trátase dunha actividade cooperativa, xa que cada cadro foi pintado por un grupo de tres, catro ou cinco alumnos.
O tema, os animais da eira.
No proceso de creación, o feito de ter que porse dacordo, e empregar tan só un rotulador e un prego de papel, foi unha tarefa de difícil desempeño, sobretodo cando somos tan cativos.
Nesta actividade, utilizamos case todas as competencias clave:
- COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA, a través da lectura de textos de diversa tipoloxía, na busca de información e comunicación da mesma en diversos formatos, utilizando tanto a linguaxe oral como a escrita. O aprender a enfrentarse a falar diante dunha cámara, a escoitarse e ser escoitado,.. O saber interpretar o texto escoitado e ser quen de asociar, adiviñar, e unir os vídeos dos códigos QR cos cadros de animais.
- COMPETENCIA MATEMÁTICA, a través dos cálculos, medicións e observacións. Na mezcla das cantidades,... Utilización das diversas medidas.
- COMPETENCIA SOCIAL E CÍVICA, na que se colabora entre os compañeiro da aula e dos outros cursos, cooperando e mostrando interese pola resolución das tarefas.
- SENTIDO DA INICIATIVA E ESPÍRITO EMPRENDEDOR, na que cadaquén aporta a súa idea, chega a un acordo e se leva a cabo.
- CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL na que procuramos que o alumnado valorase o traballo no campo, a alimentación ecolóxica, os animais da contorna, os bichiños da terra, ... en fin, que gozaran e valoraran a cración artística dentro do proxecto DA EIRA Á CAPOEIRA .
- COMPETENCIA DIXITAL, tanto na busca de información como na difusión dos textos. Convertir as súas grabacións nun código QR. A utilización das tablets, na lectura dos códigos QR.
E FUNDAMENTALMENTE, O APRENDER A APRENDER.
A destacar, a grande ilusión que teñen na interpretación dos códigos e a asociación cos carteis. As tablets, están a ser un éxito.
Non só poden desenvolver esta actividade na escola, o tríptico do xogo, pode ser levado para casa e coa axuda dos móbiles dos pais, ou as tablet, poder avanza no proceso investigativo.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
exposicións,
O PROXECTO DE PICOLINDO,
PLÁSTICA
MAL TEMPO PERO MOITA DIVERSIÓN NA XESTEIRA
Uns intres antes de marchar...
ESTAMOS LEDOS E CONTENTOS... MARCHAMOS DE CAMPAMENTO!
O alumnado do sexto curso de primaria, celebra o seu fin de etapa na Primaria, e na nosa escola, cun campamento de tres días na Xesteira.
Na Área da Natureza de Xesteira os nosos alumnos e alumnas fixeron obradoiros, estiveron no rocódromo , na zona multiaventura, xogaron ao baloncesto, participaron nunha aula de interpretación de datos, ...
ESTAMOS LEDOS E CONTENTOS... MARCHAMOS DE CAMPAMENTO!
O alumnado do sexto curso de primaria, celebra o seu fin de etapa na Primaria, e na nosa escola, cun campamento de tres días na Xesteira.
Na Área da Natureza de Xesteira os nosos alumnos e alumnas fixeron obradoiros, estiveron no rocódromo , na zona multiaventura, xogaron ao baloncesto, participaron nunha aula de interpretación de datos, ...
xoves, 7 de xuño de 2018
ALIMENTACIÓN SA E SAUDABLE
Grazas ao noso alumno Asheber, que nos envía dende a súa casa unha fermosa imaxe, na que nos mostra como cea unha rica ensalada que preparou coa leituga que apañou na horta da escola.
martes, 5 de xuño de 2018
UNHA MANCHEA DE EMOCIONS NA COLLEITA DAS HORTAS
Hoxe foi a quenda do terceiro e quinto curso de educación primaria. O noso traballo da os seus froitos, e o alumnado levou para cadansúa casa un pé de leituga para facer unha fermosa ensalada. Tamén recolectamos chícharos e amorodos, que ledicia poder papar os alimentos dos nosos cultivos ao pé da escola!
Etiquetas:
HORTA,
O PROXECTO DE PICOLINDO,
PLAN PROXECTA,
PLÁSTICA
venres, 1 de xuño de 2018
UNS SONS RAROS ESTÁN A ESCOITARSE NA ESCOLA
Hai uns días, que na escola estanse a escoitar uns sons raros. Pensabamos que eran as retroescavadoras que están a traballar na pista, pero... todo parece indicar que non é así.
Despois de moito traballar, a unha exposición, vos queremos convidar.
A partir do luns día 4, en horario de secretaría poderedes gozar dos nosos traballos.
Esperamos que vos guste!.
Ademáis, esta exposición ten moitos códigos QR para xogar con eles, están cheos de adiviñas, poesías, trabalinguas e mesmo chistes.
Animádevos a gozar con todos nós, e co noso traballo.



Despois de moito traballar, a unha exposición, vos queremos convidar.
A partir do luns día 4, en horario de secretaría poderedes gozar dos nosos traballos.
Esperamos que vos guste!.
Ademáis, esta exposición ten moitos códigos QR para xogar con eles, están cheos de adiviñas, poesías, trabalinguas e mesmo chistes.
Animádevos a gozar con todos nós, e co noso traballo.
GRAZAS FAMILIAS!



xoves, 31 de maio de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







