xoves, 31 de xaneiro de 2013

ORGULLOSOS DA NOSA ESCOLA

Este ano celebramos o DIA DA PAZ dun xeito diferente!!
Traballando todos xuntos,
 sentindo que pertencemos a un grupo, 
e tendo claro o máis importante:
SORRIR
Elaboramos un vídeo amosando algunhas estancias da nosa escola mentres bailabamos e cantabamos todos xuntos a cantiga de Macaco: "Una sola voz"
Para a celebración  do evento tamén invitamos ás familias que gozaron dun día de festa xunto con todo o alumnado da escola.
Cunha camiseta branca e as mans brancas simbolizamos o noso desexo por un mundo pacífico.
FELIZ DIA DA PAZ
Comparte con nós como te sentiches e deixa os teus comentarios escritos no blogue.
Queredes repetir esta experiencia???     

domingo, 27 de xaneiro de 2013

A ESCRITORA FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo! Publicado Yesterday por Asesoría Bibliotecas Escolares
Como vedes aquí enriba somos moitas as bibliotecas escolares que queremos celebrar esta boa nova. Fina Casalderrey ten visitado xa o noso centro en máis dunha ocasión, a última no curso pasado. Todos os nosos PARABÉNS para ela e para a Literatura Infantil e Xuvenil nela representadas.
ANIMÁDEVOS a escoller libros dela na nosa biblioteca . Aí van algúns dos seus títulos:
Pesadilla en el tren Chocolate . Chamizo . Eu son eu . Filla das ondas . Ás de mosca para Anxo. Puag, que noxo!.  Quen me quere adoptar? Unha Raíña negra . Bicos de prata. Derradeira carta aos Reis Magos. Xela volveuse vampira. Desventuras dun lobo namorado. O estanque dos parrulos pobres. Dúas bagoas por Máquina. O neno can.

mércores, 23 de xaneiro de 2013

A NOSA ESCOLA É UN DOS CENTROS SELECCIONADOS.


Jesús Vázquez Abad, acto no que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.
O conselleiro salientou o gran labor levado a cabo nos centros educativos, para  acadar o mellor de cada un dos alumn@s.
A nosa escola participa con dous programas de reforzo e tres grupos de traballo.

luns, 14 de xaneiro de 2013

CONCURSO ESCOLAR. QUE É UN REI PARA TI?

Un ano máis participamos neste concurso que permite ao noso alumnado cun tema sinxelo dar roda solta a súa imaxinación.
Traballachedes moito nas vosas vacacións de Nadal. Os traballos son estupendos. 

SODES UNS ARTISTAS!!!

xoves, 27 de decembro de 2012

O Apalpador | A canción e o baile

 Aquí tedes un vídeo do Apalpador e maila súa canción. 
A ver se a aprendedes e a cantamos todos á volta das vacacións...

          

domingo, 23 de decembro de 2012

FESTA DE NADAL 2012

O derradeiro día de escola foi especial.
Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
  Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
 Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
 Obradoiros de Bingo

Mira na presentación todas as imaxes
 

Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
  
Vive connosco as 12 badaladas!!

Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
 

Felices festas!!
Vémonos o vindeiro martes 8 de xaneiro!!

martes, 18 de decembro de 2012

FEITIZOS E ESCONXUROS

Durante o mes de novembro emerxemos no mundo da maxia.
Moitos nen@s achegáronse a biblioteca e xogaron con conxuros e apócemas máxicas secretas.
Preme nos vídeos e escoita algún deles. Tamén podes lelos e practicalos!!   

xoves, 13 de decembro de 2012

TEMPO DE NADAL.

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.

Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados. 



 NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.


Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para  felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.


Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,

BOUZAS,

12 MESES, 12 LUGARES.

E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .

De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. 

O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.

luns, 10 de decembro de 2012

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas,  imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?

xoves, 29 de novembro de 2012

CONTACONTOS

Hoxe tivemos a visita de Bea Campos.
Unha fantástica contacontos que nos divertiu
coas súas historias durante case unha hora!!

Con libros da editorial Kalandraka,
contou historias preciosas,
cantou e dramatizou contos
e mesmo
compartiu con nós;
a súa caixa máxica chea de tesouros!!

 Todos os que esteades interesados en levar os vosos fill@s a escoitar historias preciosas achegádevos a libraría
"Contos para Soñar"
Moitos venres fan sesión de contacontos!!
Preme na imaxe e mira o seu blogue para máis información.
      
     

xoves, 22 de novembro de 2012

Coñecendo a nova ESCOLA

Este martes por fin chegou o momento!!
Xuntos festexamos e coñecemos o cole novo gozando das instalacións cun programa de actividades excelente!!
O día de festa comezou pola mañá!!
A visita do Rey Midas, un mago cómico; deixou abraiados a todos os nenos e nenas da escola. A súa actuación estivo chea de sorrisos, gargalladas e maxia, moita maxia!!
Todos os rapaces querían participar nos xogos do mago!!
Mirade a presentación e gozade coas caras dos nen@s!!
Foi unha ledicia!! 

Pola tarde a festa continuou...
O mellor aínda estaba por chegar...
A numerosa participación de  familias fixo posible unha tarde chea de diversión: obradoiros, xogos, merendola, actuacións...
Aqueles que estivemos na festa sabemos do esforzo que tiveron que realizar as persoas encargadas da comisión da festa para que todo aquilo fora posible!!
Para elas, un agradecemento infindo!!

 Grazas polo voso interese, a vosa implicación, o voso entusiasmo...
Grazas por compartir as vosas ideas, por querer formar parte da escola, por ensinar, por educar...

Lembrando unha frase de Paulo Freire:
"La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo" 

Desta tarde máxica tamén temos imaxes para compartir.
  

sábado, 17 de novembro de 2012

CELEBRAMOS AS FESTAS DO OUTONO.


MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da escola o máis bonita posible. Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas familias e as celebracións foron todo un éxito.

 







GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!