domingo, 27 de xaneiro de 2013

A ESCRITORA FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo! Publicado Yesterday por Asesoría Bibliotecas Escolares
Como vedes aquí enriba somos moitas as bibliotecas escolares que queremos celebrar esta boa nova. Fina Casalderrey ten visitado xa o noso centro en máis dunha ocasión, a última no curso pasado. Todos os nosos PARABÉNS para ela e para a Literatura Infantil e Xuvenil nela representadas.
ANIMÁDEVOS a escoller libros dela na nosa biblioteca . Aí van algúns dos seus títulos:
Pesadilla en el tren Chocolate . Chamizo . Eu son eu . Filla das ondas . Ás de mosca para Anxo. Puag, que noxo!.  Quen me quere adoptar? Unha Raíña negra . Bicos de prata. Derradeira carta aos Reis Magos. Xela volveuse vampira. Desventuras dun lobo namorado. O estanque dos parrulos pobres. Dúas bagoas por Máquina. O neno can.

Ningún comentario:

Publicar un comentario