luns, 30 de abril de 2012

OS MAIOS, FESTA POPULAR GALEGA.

Por segundo ano consecutivo,  celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.




Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grilandas nas aulas e colocación do verde no maio.

 
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
 
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas. 

 
-De 12:30h a 13:50h:
Visítannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
 

na procesión e remate da festa co Himno Galego.

 
 ANGELA NOVOA BLANCO.



 Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.

 GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDÍCASE A VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a D. Valentín Paz Andrade. Este home estivo na nosa escola aló polo 1968, descubrindo o monolito dedicado a Concepción Arenal. Tentade adiviñar quen era.

ABRIL 1968.
Agora, coa seguinte actividade podedes aprender moitas cousas de Valentín grazas ao traballo do CEIP. CONDESA DE FENOSA.








Aquí tedes o traballo do CPI dos Dices de Rois.



 Actividades en liña do Seminario Galán.

Para saber máis,preme na seguinte imaxe:


venres, 27 de abril de 2012

O LIBRO

Un vídeo de animación sobre o mundo do libro.

DEBUXAMOS BICOS.

OS NENOS DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA DEBUXAN BICOS.

ANGELA NOVOA BLANCO

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO DEBUXAN COMO FOI O DÍA DO LIBRO.

Así é como o disfrutamos.


DIA DO LIBRO 2012. APADRIÑAMENTO LECTOR E ENTREGA DE AGASALLOS.

O pasado luns día 23, celebramos o DIA DO LIBRO coa actividade do apadriñamento lector. Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto leron aos seus afillados e afilladas o conto seleccionado na biblioteca días antes. Malia as inclemencias metereolóxicas a actividade desenvolveuse normalmente. Nos chanzos das escaleiras, nos recantos, nos baños, baixo unha mesa, ... calquera lugar foi o idóneo para ler en compañía. Todos se portaron estupendamente e como agasallo, os afillados e afilladas déronlles  aos padriños e madriñas unhas postais de agradecemento.
Rematada a lectura, o equipo de biblioteca encargouse de entregar os agasallos de participación nos concursos de autocolantes e de cartas de amor.
 Aquí podedes ver como se desenvolveu a actividade.

O MUSEO DO CONTO

 Só con ver a presentación de imaxes  podedes darvos conta do gran traballo das familias participantes e da calidade dos traballos. Non queda máis que dar as GRAZAS a todos pola vosa participación. Os vosos fillos e fillas están orgullosos dos seus traballos.



Grazas a todos pola vosa participación.

mércores, 25 de abril de 2012

Pequenos atletas do cole

O venres pasado, 20 de abril, celebrouse a final da Liga Intercolexios de atletismo, na que se clasificaran os nosos atletas: Lucas Esteves, Eros López, Miguel Martínez, Gabriel Pérez e Ángela Martínez.
Só o feito de clasificarse para a fase final pode ser considerado como un éxito, máxime cando foi a primeira participación nunhas probas de atletismo nas que participan rapaces de toda a bisbarra de Vigo.
Ademais, conseguimos unha medalla, en lanzamento de pelota, proba na que Gabri quedou de 3º.
Queremos rematar felicitando aos nosos deportistas, e animárvos a TOD@S a participar nos próximos eventos deportivos, como a Marathon de Coia, ou o Campionato de Natación que se van celebrar no próximo mes de maio.



martes, 24 de abril de 2012

PARA UN AMBIENTE LECTOR NA ESCOLA



23 de abril,  Día do Libro: día pensado para falar, ler, reflexionar e mesmo reformular ideas e actitudes  sobre o mundo do libro e a lectura .
Cando mellor que hoxe, para achegarvos o MANIFESTO PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA  asinado por, alomenos, 108 profesionais, relacionados desde diferentes ámbitos co mundo da lectura?

 Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía unha verdadeira reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas.




Vai dirixido a toda a ampla comunidade vencellada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...



 
 
Aquí aparecen  sinaturas coma as de Francesco Tonucci, Fina Casalderrey, Rosa Aneiros, Lucía Baquedano, Gustavo Martín Garzo, Antonio Rodríguez Almodóvar  ...e moitos profesionais máis.

                                   Estamos todos de acordo, entón?  Mans á obra !!!




luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012


 ESTE ANO, OS NEN@S DE 4º,5º e 6º COMO XA SOMOS DOS MAIORES,  FOMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S!!!!
Limos contos aos cativos para celebrar o día do libro. Todos estiveron moi atentos e gozaron das nosas lecturas...
podedes comprobalo mirando a presentación de fotos.






  Que divertido é ler!!!!
 Tamén nos gusta que nos lean.

SEGUIMOS TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS...


 Os rapaces e rapazas de atención educativa de 4º fixeron un traballo especial... seguen a traballar as emocións e reflectíronas en esculturas de plastilina.
Montaron unha exposición, que podedes visitar, na biblioteca.
Tamén podedes ver os traballos nesta presentación!






A que é un precioso traballo?
Son uns artistas!!!!

sábado, 21 de abril de 2012

CONTACONTOS NO VERBUM

A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ORGANIZA ESTE CONTACONTOS O DOMINGO 22 DE ABRIL, ÁS 18:.00 HORAS NO VERBUM (AVDA. SAMIL, 17) PARA PÚBLICO FAMILIAR.
ENTRADA DE BALDE.
APERTURA DE PORTAS ÁS 17:45 ATA COMPLETAR O AFORO LIMITADO A  120 PERSOAS.. EDADE MÍNIMA:  3 ANOS


xoves, 19 de abril de 2012

XA TEMOS OS PREMIADOS NO CONCURSO DE AUTOCOLANTES DÍA DO LIBRO 2012.

O día de onte foi un día moi democrático no CEIP VIRXE DO ROCÍO. Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos e tódolos de Primaria votaron o debuxo que máis lles gustou. Este foi o resultado.


PREMIOS DIA LIBRO 12 - diapositivas

Gañador e polo tanto primeiro premio, Miguel Martínez  Novoa. 6º E.P. con  41 votos.
Subcampioa, e polo tanto segundo premio, Lucía Comesaña Carballo. 6º E.P. con 21 votos.
Terceiro premio, Angela Martínez Novoa, 2º E.P. con 16 votos.

PARABÉNS A TODOS !!!!!!

Un conto de AMOR

Dentro do noso MAR DE EMOCIÓNS os nenos de 2º de Educación Primaria interpretan no seguinte video unha historia de amor cantada que se titula "O crocodilo namórase".

Gozádea!!!

mércores, 18 de abril de 2012

ESTAMOS EMOCIONADOS, MOI, MOI EMOCIONADOS!

POR QUE? POIS PORQUE O NOSO HUMILDE BLOGUE,"O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ", FOI ADMITIDO PARA PARTICIPAR NOS PRESTIXIOSOS 
"PREMIOS ESPIRAL DE EDUBLOG 2012".
AS FAMILIAS DA NOSA AULA E MOITOS COMPAÑEIROS/AS DE PROFESIÓN ,QUE SON VISITANTES DO NOSO BLOGUE E O UTILIZAN COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NAS SÚAS AULAS, ANIMARON Á PROFE MARICRUZ, QUE NON FAI O SEU BLOGUE PARA OBTER NINGÚN MÉRITO, SENON PARA OS OBXECTIVOS QUE TODOS VÓS SABEDES E QUE ESTÁN NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE, A QUE SE PRESENTASE NO CERTAME.
GRAZAS A EDUBLOG POR ELIXIR O NOSO TRABALLO.
AÍNDA QUE NON GAÑEMOS NADA, O FEITO DE SER ELIXIDOS COMO CANDIDATOS  EMOCIÓNANOS ENORMEMENTE E ESE XA É UN GRAN PREMIO PARA NÓS.
MIRADE QUE CONTENTOS ESTÁN OS NOSOS PROTAGONISTAS!

AQUÍ TEDES A LIGAZÓN  NA QUE ESTÁ PUBLICADA NA REDE A NOSA CANDIDATURA.
PREMEDE NO LOGO DOS PREMIOS PARA MIRALA.
E SE CHE GUSTA O NOSO BLOGUE PREME NA IMAXE PARA FACER O TEU COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS AOS NENOS/AS DE 5 ANOS,QUE FIXERON POSIBLE QUE A PROFE MARICRUZ E AS SÚAS FAMILIAS COLABORARAN NUN SOÑO COMÚN, UTILIZANDO ESTA FERMOSA FERRAMENTA QUE É O NOSO BLOGUE:
UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL NA CASA E NA ESCOLA.
ESTÁS A TE ESQUECER DE MÍN!, PERECHO, O VOSO AMIGO.
EU TAMÉN AXUDEI MOITO Á PROFE E PICOLINDO TAMÉN.
GRAZAS A MOITAS COUSAS QUE EU FIXEN OS NENOS/AS APRENDERON A SOÑAR, IMAXINAR, APRECIAR A NATUREZA...
EU TAMÉN AXUDEI,GHI,GHI,GHI!
TES RAZÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TUA MAXIA .
QUERÉMOSTE,PERECHO!
PARA NÓS,QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO, COMO PROXECTO DE CENTRO,
AS EMOCIÓNS...É EMOCIONANTE.