xoves, 23 de decembro de 2010

VOLTA ÁS AULAS.

As vacacións de NADAL abranguerán dende o 23 de decembro ata o 9 de xaneiro, ámbolos dous inclusive, polo que os nenos e nenas voltarán ás aulas o LUNS DÍA 10 DE XANEIRO.

mércores, 22 de decembro de 2010

TAREFAS DE PLÁSTICA 4º, 5º e 6º EP.

Este ano cambiaron as datas de participación do concurso ¿QUÉ ES UN REY PARA TI?.  Por ese motivo, e para gozar coas diferentes técnicas pictóricas, os nenos e nenas de  4º, 5º e 6º de Educación Primaria deberán facer  neste periodo vacacional de Nadal, un traballo sobre o REY DE ESPAÑA. Podedes facer un retrato con témpera, utilizar un collage, unha maqueta,... Dádelle renda solta á vosa imaxinación e traede os vosos traballos o 10 de Xaneiro.
FELICES VACACIÓNS E BO NADAL!

BO NADAL.

A Dirección e o Claustro de mestres do CEIP VIRXE DO ROCÍO quérevos felicitar as festas. En principio iamos enviar as postais de Nadal impresas en papel pero por motivos técnicos, a impresora estragouse, non podemos garantir que no día de mañá podamos enviala. De tódolos xeitos, o traballo está feito. Aquí o tedes. Esperamos que vos guste. 
Só foron catro os debuxos seleccionados polos nosos alumnos, pero todos os traballos eran dignos e merecedores do agasallo de formar parte desta felicitación de Nadal. Grazas a todos pola vosa participación.
Os gañadores foron: Eros O. López Pérez,  Nicolas García Nieto, Angela Martínez Novoa e Jesús Andrés Oliveira.

martes, 21 de decembro de 2010

SABÍAS QUE...?

Hai palabras que, mesmo que falemos en castelán, as dicimos en galego.
Exemplos:
colo          (regazo)
choco        (sepia)
fanado/a   (desdentado/a)
reseso      (revenido)
rapante    (gallo)
trapallada (birria)
Sabes como se din en castelán? 
(Solución en azul)    Haberá máis proximamente

O APALPADOR

Outra historia para o NADAL

CONTOS DE NADAL

NADAL 2010

Este mes os nenos e nenas de 1º coa axuda da nosa familia fixemos unha exposición na aula de contos de inverno e Nadal:



Aquí tedes a lista dos libros:
-          “Babar y Papá Noel” de Jean Brunhoff. Ed Círculo de Lectores
-          “Navidad con Mickey” Ed Everest
-          “Tupi y el muñeco de nieve” de Mercè Arànega. Ed Edebé
-          “El osito polar y el arco iris” de Moira Butterfield. Ed Parragón
-          “El invierno”  de Carme Solé e Joseph M. Parragón. Ed Círculo de Lectores
-          “Caillou hace un muñeco de nieve” Ed Círculo de Lectores
-          “Carta a Papá Noel” de Gaby Goldsack. Ed Parrago
-          “Teo en la nieve” de Violeta Denou. Ed El País
-          “Es Navidad, Stilton! Ed Planeta
-          “Os bolechas festexan o Nadal” de Pepe Barreiro. Ed A Nosa Terra
-          “La noche de Reyes” de María Menéndez Ponte. Ed SM
-          “Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis” de Chema Heras e Kilo Dasilva. Ed Kalandraka
-          “Navidad con los niños” de Véronique Gillaume. Ed. Círculo de Lectores
-          “ A onde van as bolboretas no inverno? De Gloria Sánchez. Ed. Everest Galicia
-          “¿Qué sabes de...? El invierno” de Nuria Roca. Ed. Edebé
-          “Jugando en la nieve” de Piedad Ateka. Ed. Librifer
-          “Viva la Navidad” de Fisher Price
-          “Cuentos de Dickens” Adaptado por Eugenio Sotillos. Ed Toray
-          “O apalpador” de Xoán G. Ed. Biblos
-          “The magic of Christmas” by Christine Leeson. Ed. Ted Smart
-          “Christmas Fun, songs and activities” by Mari Charrington. Ed. Oxford (with CD)
-          “Una tierna historia de navidad!” de Gerónimo Stilton. Ed Planeta

Tamén escoitamos panxoliñas:
-          “ O Quiquiriquí” da Asociación de gaiteiros galegos
-          “Villancicos populares” Vol. 1 e 2
-          “Cantigas de Nadal”  da Asociación de gaiteiros galegos
-          “Navidades animadas” de Miliki
BO NADAL!

ENTREGA DE INFORMES DE AVALIACIÓN.

Bos días, pais e nais . Dende a Dirección da escola queremos informarvos da entrega dos INFORMES DE AVALIACIÓN en EDUCACIÓN PRIMARIA. Será o MARTES día 21 de 16 a 18h. Prégase porse en contacto co profesor-titor do seu fillo ou filla no caso de non poder vir  recollelo nas horas indicadas.
Un saúdo e... BO NADAL.

domingo, 19 de decembro de 2010

FELICITACIÓN DE NADAL DOS NENOS/AS DE 4 ANOS.

Bo nadal cheo de ledicia para todos
View more presentations from ceipvirxedorocio.
Non sabemos por que non se escoita a música nin por que a transición das diapositivas non se produce de xeito automático pero a mensaxe está clara.
A próxima vez sairanos mellor.

sábado, 18 de decembro de 2010

O APALPADOR

 
Os nenos de Infantil do colexio Virxe do Rocio estamos a esperar con ansia que veña ás nosas casas o Apalpador.  Teremos a precaución de ter a barriguiña chea, non vaia ser que nos deixe sen agasallo.

O Apalpador (tamén coñecido polo nome de  Pandigueiro na comarca de Terra de Trives ) é nas zonas do este de Galiza, a figura mítica dun carboeiro que segundo a tradición, baixa a noite do 31 de Nadal  a tocar o ventre aos nneos para ver se comeron suficiente durante todo o ano,  deixándolles un montón de castañas, as veces algún agasallo e desexandolles un bo Aninovo cheo de felicidade e comida.En realidade é unha figura inventada, un gran bulo que nos din que é popular nas montañas do este de Galiza, ( o Courel, Terra de Trives, o Bierzo), ainda que está tentando extenderse por todo o país.


Canción tradicional


Hoxe é día do Nadal,

día do Noso Señor

ide logo para a camiña

que vai vir o Apalpador.

Hoxe é día do Nadal,

vai neniño para a camiña

que vai vir o Apalpador

a apalparche a barriguiña.

Hoy es el día de Navidad,

dia de Nuestro Señor

id rápido a la camita

que vendrá el Apalpador.

Hoy es el día de Navidad

vete niñito a la camita,

que vendrá el Apalpador

a palparte la barriguita.

venres, 17 de decembro de 2010

AQUELES TEMPOS...

Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo recibimos hoxe a visita de dous antigos alumnos do cole (pais de alumnos de agora) que nos contaron cousas de cando eles estudaban aquí.
Foi moi interesante e divertido!

 
Estivemos moi atentos

Contáronnos como eran as aulas, os castigos, os recreos... tamén explicaron que non había comedor, que tiñan clase pola mañá e pola tarde...
E, oh sorpresa!! Non estudaban Coñecemento do medio senón Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
 
Explicaron a que xogaban no recreo

Fixemos moitas preguntas
Esperamos que veñan máis!

ORIXE E UTILIDADES DUN BLOGUE

Se queres saber que é un blogue, onde xurdiron por primeira vez e cales son as utilidades que teñen...Mira este video...

xoves, 16 de decembro de 2010

QUEN É QUEN???

As mestr@s do Rocío comparten lembranzas da súa infancia en forma de xogo. Podes intentalo!! Adiviñas a que mestr@ se corresponden estas fotos de nen@s????
 

CONCURSO POSTAL DE NADAL.

Como xa sabedes, tódolos anos se  envía unha Postal de Nadal a todas as familias da nosa Comunidade Educativa, para iso, na aula de plástica, os nenos e nenas deben realizar un debuxo de Nadal. Cada un debuxa o que para el significa o Nadal. Entre todos estes traballos faise unha selección dos mellores por parte do profesorado e posteriormente é o alumnado  quen vota os tres debuxos que máis lle gustan, un de cada ciclo ao que non pertence. De esta votación saen os catro debuxos gañadores que comporán a nosa Postal de Nadal. Mañá terá lugar o proceso de votación.
Sorte a todos!.

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE ARTE POSTAL PROMOVIDO POLO CONCELLO DE VIGO.

Eros Omar López Pérez. Alumno de 5º EP.
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Vigo, dende o Servizo de Educación, convoca o Concurso de Arte Postal. O tema do traballo era:
"VIGO DOUSCENTOS ANOS MÁIS".
Esta é unha mostra do traballo realizado polos nenos do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria.